Revision 2443700 of "Colexio Maior San Clemente" on glwiki

[[Ficheiro:Colegio_Mayor_San_Clemente.jpg|miniatura|250px|Fachada do Colexio Maior San Clemente.]]
O '''Colexio Maior San Clemente''' é un [[Colexio maior]] público, dependente da [[Universidade de Santiago de Compostela]] e situado na mesma cidade. 

== Orixes ==
A orixe deste Colexio maior remontase ó [[século XVI]], cando o bispo Xoan de San Clemente funda un Colexio co seu nombre no que hoxe en día é o [[IES Rosalía de Castro]].

Durante a época da [[II República española|II República]], o daquela Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, [[Alejandro Rodríguez Cadarso]], encargoulle ó arquitecto [[Jenaro de la Fuente]] un proxecto de cinco residencias de estudantes. Por motivos loxísticos, só se construiron tres das cinco planeadas: Os Colexios Maiores [[Colexio Maior Fonseca|Fonseca]] (1963), [[Colexio Maior Rodríguez Cadarso|Rodríguez Cadarso]] (1940) e o San Clemente (1942).

== Organización ==
Este Maior conta con 41 habitacións dobres, 20 individuais, 5 dobres de invitados. Porén, o número de colexiais residentes é inferior ó de prazas dispoñibles debido a dificultades burocráticas. Ademais das habitacións, este centro conta con dúas bibliotecas, un salón de actos, unha sala de usos múltiples, unha cociña, una sala de informática e unha sala de televisión.

Na actualidade este Colexio Maior atópase baixo a xurisdicción da Área de Residencias, dependente do [[Vicerreitorado de Comunidade Universitaria e Compromiso Social]]. Esta institución nomea ó equipo directivo, formado pola directora e a subdirectora, e encárgase de organizar as convocatorias de admisión e renovación do centro. Da representación dos colexiais fronte á dirección, así como da organización de actividades encárgase o ''Consello Colexial'', formado por cinco membros colexiais elixidos democráticamente cada año. 

Ademais, o Colexio conta cun cadro de bolseiros de colaboración que se encargan de organizar as actividades de certas áreas dentro do Maior: Aula Verde, Biblioteca, Deportes, Informática e Sociocultura. Estas bolsas son concedidas polo anterior vicerreitorado e a súa misión consiste en desenvolver as actividades contempladas nos seus proxectos. O seu traballo é remunerado coa estancia de balde e un pequeno soldo. 

== Actividades culturais ==
[[Ficheiro:Santiago aprox.1965 GDFL.jpg|miniatura|200px|O Colexio Maior San Clemente cara 1965.]]
A distinción que tradicionalmente ten existido entre Residencias Universitarias e Colexios Maiores é a amplia oferta cultural destes últimos. Ademais das actividades organizadas polas diferentes bolsas, existe a ''Asociación Cultural San Clemente'', formada por membros do Maior, que todos os años, polo mes de marzo, organiza conferencias, visitas e entrega un premio ó "Personaxe Galego do Ano", galardón que nos últimos anos recibiron ilustres personaxes coma [[Avelino Pousa Antelo]], [[Ernesto Chao]] ou [[Marilar Aleixandre]].

Todos os anos, coa chegada da promoción de novatos ó Colexio, organízanse unha serie de "Novatadas" coa fin de integraren ós novatos, amosarlles a cidade e que se coñezan entre eles. Ditas novatadas son moi lixeiras e en ningún momento demasiado ofensivas cara os seus recibintes.

Froito da tradición Clementina, existen dúas semanas plagadas de actividades, competicións, ceas e festas. Estas semanas son "A Semana da Árbore", en decembro e "Clementinas", en primavera.

== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.usc.es/gl/servizos/sur/residencias/clemente/ Colexio Maior San Clemente na web da USC]
* [http://www.usc.es Web da Universidade de Santiago de Compostela]

[[Categoría:Universidade de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela]]

[[en:San Clemente Dormitory]]
[[es:Colegio Mayor San Clemente]]