Revision 2449597 of "Historia urbana de Khartún" on glwiki

A '''historia urbana de [[Khartún]]''' comeza como lugar de asentamentos humanos dende o cuarto milenio antes da nosa era, na confluencia das dúas ramas principais do [[Nilo]] (Branco e Azul). Entre os séculos [[século VI|sexto]] e [[século XVI|dezaseis]] da nosa era o centro do reino [[cristianismo|cristián]] de [[Alodia]], as ruínas de cuxa capital, [[Soba]], aparecen ás aforas da actual aglomeración de Khartún (a uns 20 km ao sueste). Despois da caída de Alodia e o desprazamento do poder ao sur, no final do [[século XVII]] e principios do [[século XVIII|XVIII]], asentamentos das tribos ''mahas'' da [[illa Tuti]] (situada xusto na unión das dúas pólas do Nilo) colonizaron as ribeiras en terra firme con novas aldeas, xermolo das tres cidades que no futuro comporán o conglomerado urbano de Khartún, entre elas a da propia vila na beira sur do [[Nilo Azul]]. Foi nesta época cando a [[islam|fe islámica]] comezou o seu influxo na rexión <ref> ''Historia de Khartún en ArchNet.com (en inglés)''</ref>.

== Fundación como avanzada militar otomá ==
A situación xeográfica privilexiada voltou a ser crucial cando o poder [[Imperio Otomán|otomán]] de [[Exipto]] andaba a procura dun acceso ás rexións subsaharianas. En [[1821]], Ibrahim Pachá, fillo do gobernador [[Mehmet Alí]], invadiu a zona establecendo unha guarnición militar cun forte de adobe onde o río era vadeable, dando orixe así á ''al-Khartum'' moderna. En 1830 foi designada capital oficial, independente do [[O Cairo|Cairo]], do [[Imperio Otomán]] na rexión do [[Sudán]] Oriental. De seguida converteuse nun posto comercial que medrou axiña como mercado de escravos, [[ouro]] e [[marfil]]. O intento dos primeiros gobernadores por organizar unha estrutura urbana merecedora de tal nome chocaron coa cultura seminómade da zona e así o primeiro Khartún creceu de maneira anárquica con edificacións modestas de materiais provisionais, excepto o pazo de goberno, e falta absoluta de infraestruturas e servizos, que só andando o século foron aparecendo. 

Cara o 1860 unha base urbana foi consolidándose, mesmo con peiraos para o intenso tráfico comercial polo Nilo. Tres barrios principais configuraban a vila: o do goberno (''Hakim-dariya'', na ribeira do Nilo Azul), o mercado e ''Deims'' (as áreas residenciais nativas). Chegou a acadar os 50.000 habitantes <ref> ''Ibídem''</ref>. 

== Revolución mahdista e destrución de Khartún ==
A ocupación exipcio-otomana era vista con resentimento polos nativos. O poder, corrupto e opresoramente violento, favoreceu un clima onde xurdiría a figura do ''[[Mahdi]]'' ([[Muhammad Ahmad ibn Abd Allah Al-Mahdi|Muhammad Ahmad]]) quen levou as tribos sudanesas a unha revolución islámica fundamentalista contra os ocupantes. En [[1884]] asediaron Khartún por un ano ata a súa caída <ref> ''Mapa esquemático de Khartún durante o asedio mahdista'' [http://www.qondio.com/img/originals/files-4/16241.jpg]</ref><ref> ''Vista debuxada de Khartún no tempo do asedio'' [http://www.old-print.com/mas_assets/full2/M1310885/M1310885155T.jpg]</ref>.

O sucesor do Mahdi (quen morrera pouco despois da vitoria) ordenou en [[1886]] a evacuación e completa destrución de Khartún (agás os peiraos e tumbas). No seu lugar estableceu a nova capital mahdista na veciña [[Omdurmán]], ao norte, na beira occidental do Nilo e que servira de acuartelamento das tropas do asedio. Ata entón unha pequena poboación fora, porén,un lugar sinalado de desenvolvemento dunha corrente islámica sufí (''Khalwa'') nos séculos XVII-XVIII, de gran predicamento na zona. 

== A nova Khartún colonial británica ==
O estado islámico mahdista non durou moito. En 1898, as tropas británicas de Lord Kitchener fixéronse co control da rexión declarando novamente a Khartún como capital colonial, desta vez do Sudán anglo-exipcio. De seguida, e segundo planos do mesmo Kitchener, o corpo de enxeñeiros comezou a reconstrución da cidade. O proxecto tiña a ambición de levantar a maior cidade en [[África]], pois o Sudán subministraría todo o [[algodón]] que as fábricas de [[Lancashire]] precisaban <ref> ''"Salubrious Khartoum. Building a Colonial City, 1899–1912"; Henrika Kuklick''</ref>. Sobre unha cuadrícula básica superpúñase outra maior de diagonais (co obxectivo de facilitar o control militar). No centro, simbolicamente, a catedral anglicana (1906) <ref> ''Bosquexo do plan de Kitchener para Khartún, 1901'' [http://www.georgejerjian.co.uk/images/books/sarkis_maps_4.jpg]</ref>. [[Ficheiro:Sudan Khartoum from air with Nile 1936.jpg|miniatura|Khartún dende o aire, 1936]] As infraestruturas e servizos eran comparables aos estándares occidentais <ref> ''Vista de paxaro de Khartún 1926-43 (o Pazo de Goberno en primeiro termo)'' [http://www.georgejerjian.co.uk/images/books/sarkis_khartoum.jpg]</ref> (ferrocarril en 1900, ponte de aceiro sobor do río, tranvías) mentres a poboación local estaba confinada ao oeste e sur nun sector a carón do mercado ou en Omdurmán <ref> ''"Khartoum: past, present and the prospects for the future"; Bushra Babiker''</ref>.

As zonas industriais, estación de mercadorías do ferrocarril e almacéns localizáronse na outra beira do Nilo Azul cunha administración segregada, o que deu nacemento a [[Khartún Norte]] (''al-Khartum Bahri'') <ref> ''Mapa da trípole de Khartún, 1922'' [http://www.probertencyclopaedia.com/photolib/maps/Map%20of%20Khartum%20and%20Omdurman%201922.jpg]</ref>.

En 1908-12 o plan mestre deseñado por W.H. McLean (primeiro en Africa, só para Khartún e sobor da base do deseño orixinal) permanecería vixente durante todo o período colonial, regulamentando e delimitando estritamente o desenrolo urbano <ref> ''"The urban development planning of Greater Khartoum"; Dr. Abdulhafeez Hafazalla'' [http://docs.google.com/viewer?a=v&q=cache:pUUbhFs_SV0J:vb.ftesh.com/uploaded/4182_1224769896.pdf+the+urban+development+of+Khartoum+A.+Hafazalla&hl=gl&gl=es&pid=bl&srcid=ADGEESifRpC1HFszg3k97Ofi5ji3UFHOW1MCKGdN-ivO73xkRIG4k65mWD7NCZAP66K49pf3NRY4maXvKeBxJtI57quizydMFIE9sIBqeosxU-52UnwQLXXreUg3CvsiD_PkwXnU_Jei&sig=AHIEtbRO25Lfm1y8S7efQsPgTmRys9vwFA]</ref><ref> ''Plan de Khartoum (McLean, 1912) co deseño de Kitchener (o N á esquerda); ibídem A.Hafazalla páx.14'' [http://docs.google.com/viewer?pid=bl&srcid=ADGEESifRpC1HFszg3k97Ofi5ji3UFHOW1MCKGdN-ivO73xkRIG4k65mWD7NCZAP66K49pf3NRY4maXvKeBxJtI57quizydMFIE9sIBqeosxU-52UnwQLXXreUg3CvsiD_PkwXnU_Jei&q=cache%3ApUUbhFs_SV0J%3Avb.ftesh.com%2Fuploaded%2F4182_1224769896.pdf%20The%20Growth%20and%20Functional%20Structure%20of%20Khartoum&docid=1e777aee54c11a56a7bbc9f3b03389b5&a=bi&pagenumber=14&w=1600]</ref>.

== Capital da República Sudanesa ==
En [[1956]], coa independencia da República do [[Sudán]], Khartún converteuse na súa capital. Desta vez o feito incontestable da tripolaridade urbana levou a que os seguintes plans xerais (Doxiadis, 1958; ''Mefit'', 1974; Doxiadis e Mustafa, 1991 <ref>''Ibídem Hafazalla páx. 7,8''</ref>) contemplaran o [[Gran Khartún]] coma realidade metropolitana, inda que mantendo a diferenciación funcional: Khartún a cidade administrativa e de servizos, Khartún Norte a industrial e Omdurmán a capital cultural nativa do país.

Con todo, nos tres casos, o grande fluxo migratorio do rural trala independencia (decuplicando a poboación entre 1960 e 1990 <ref> ''Esquema do crecemento da aglomeración entre 1920 e 1981 e dos slums en 1985; UN-Habitat'' [http://htmlimg4.scribdassets.com/g892u75zw5853k0/images/18-ca45b0d217/000.jpg]</ref>) e a endémica falla financeira para implementalos, fixéronos axiña ou obsoletos ou papel mollado <ref>''Bushra Babiker, obra citada''</ref>. Coma no resto das metrópoles do terceiro mundo, o problema da vivenda digna e os servizos e infraestruturas necesarios para sostela converteron o desenrolo do Gran Khartún nun caos improvisado e deficitario <ref> ''Mapa do Gran Khartún contemporáneo'' [http://www.winne.com/sudan/images/045.gif]</ref><ref> ''Vista dun suburbio de Khartum'' [http://tours-tv.com/objects/khartoum/Khartoum.jpg]</ref><ref>''"Urban sector studies and capacity building for Khartoum State"; UN-Habitat''</ref>.

Problema que tense agravado cos millóns de refuxiados que nos últimos anos asentáronse en campamentos de acollida arredor da aglomeración tripolitana <ref> ''Vista satelital do Gran Khartún coa situación dos campos de refuxiados, 2005'' [http://www.unsudanig.org/library/mapcatalogue/north/data/camps/Map%20301%20Khartoum%20State%20Camps%20and%20Squatter%20Areas.jpg]</ref>, froito do terrible conflito permanente dun país artificialmente constituído na descolonización e radicalmente dividido entre un norte islámico e o sur cristián.

== Notas ==
{{listaref|2}}


{{DEFAULTSORT:Khartún, Historia urbana de}}

[[Categoría:Historia de cidades]]
[[Categoría:Sudán]]