Revision 2449618 of "Historia urbana de Qingdao" on glwiki

A '''historia urbana de [[Qingdao]]''' desenrólase nunha rexión, a da baía de Jiaozhou na [[península de Shandong]], que ten sido habitada dende o [[neolítico]] con diversas culturas senlleiras (Dawenkou, Longshan e Dongyeshi).

==Acuartelamento Qing==
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 137-040272, Tsingtau, einst und jetzt (Ansichtsbild).jpg|miniatura|150px|Vista do acuartelamento de Jiao'ao (enriba) e a colonia alemá posterior (embaixo).]]
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 137-004841, Tsingtau, Erster japanischer Plan.jpg|miniatura|150px|Mapa de Tsingtao en 1914 cos plans de expansión.]]
No tempo da [[dinastía Ming]] unhas primeiras fortificacións foron construídas na entrada da baía (o lugar onde aséntase a cidade actual), e seica un pequeno poboado con ancoradoiro creceu a carón. O cal continuaba a existires cando a administración [[Qing]] en [[1891]] decidíu creares un acuartelamento de tropas. Ampliaron as fortificacións asemade cun primitivo peirao-ponte na baía. Ao ano seguinte foi fundada unha poboación (coñecida entón coma '''Jiao’ao''' <ref> ''Perspectiva debuxada de Jiao'ao no final da época Qing; nótese a ponte-peirao na baía'' [http://pmgs.kongfz.com/data/pre_show_pic/1/156/469.jpg]</ref><ref> ''Vista de Jiao'ao fortificada dende a baía'' [http://photocdn.sohu.com/20110614/Img310140564.jpg]</ref>).

En resposta ao asesinato duns misioneiros, en [[1897]] os alemáns (que xa tiñan explorado a zona coma posible base naval) forzaron ao por entón moi debilitado imperio chinés unha concesión colonial na área da baía <ref> ''Páxina web sobor Tsingtau (en alemán)'' [http://www.dhm.de/ausstellungen/tsingtau/katalog/index.htm]</ref>.

==Tsingtau, colonia alemá==
[[Ficheiro:Image-Qingdao city map 1912 in german.png|miniatura|180px|esquerda|Planta de Tsingtau arredor de 1903 (publicado en 1912).]]
Aproveitando en principio o asentamento chinés, de seguido foi deseñado un plan de ampliación da vila que chamaron '''Tsingtau''', centro administrativo da concesión de Kiautschou <ref> ''Plan de Tsingtau, 1901'' [http://www.dhm.de/ausstellungen/tsingtau/katalog/fotos/auf6_2.jpg]</ref>. Rúas e avenidas amplas coas infraestructuras e servizos dunha cidade moderna, tiña o propósito fundamental de servires a un porto estratéxico (base naval) comunicado co interior cun ferrocarril (1899-1904). A extensión urbana ata costa sur do itsmo, cun novo porto exterior, sería a área residencial europea e almacens portuarios mentres a poboación local permanecería na antiga vila ao norte ou trasladada a novos poboados no leste. Unha industria cervexeira de importancia nacional ata hoxe (Cervexa Tsingtao) tivo nacemento en 1903.


Entre 1905 e 1908 foi desenrolado o gran porto previsto ao norte, na baía <ref> ''Vista debuxada de paxaro, Tsingtau 1909'' [http://www.dhm.de/ausstellungen/tsingtau/katalog/fotos/auf6_3.jpg]</ref>. Cara alí debería extenderse a cidade pero en 1914 os xaponeses a ocuparon (novamente en 1938) e no 1922 foi devolta á soberanía da República de China <ref> ''Mapa de Tsingtao en 1922'' [http://shopimg.kongfz.com/7797/1220369431_1_b.jpg]</ref>.

==Qingdao contemporánea==
Trala [[Segunda Guerra Mundial]] e a instauración da [[República Popular China]] <ref> ''Mapa da cidade en 1947'' [http://shopimg.kongfz.com/7797/1220370239_1_b.jpg]</ref> o desenrolo portuario (especialmente coma base naval da flota chinesa do norte) da agora chamada '''Qingdao''' foi consolidando o seu crecemento <ref> ''Mapa de Qingdao en 1969'' [http://pic2.997788.com/pic_auction/00/01/84/72/au1847209.jpg]</ref>, que tivo o punto de inflexión en 1984 cando, coa política de apertura económica de China, a vila ten esperimentado nas últimas décadas unha expansión extraordinaria (comercial e industrial ao abrigo do porto) arredor da baía ata consolidar unha verdadeira metrópole.

A recente inauguración da maior ponte do mundo sobor da auga (42'5km), unindo polo norte as dúas ourelas da baía, confirma a puxanza desta área metropolitana cara ao futuro <ref> ''Vista satelital da baía de Qingdao co trazado da longa ponte'' [http://chinaurbandevelopmentblog.files.wordpress.com/2011/07/qingdao-jiaozhou-bay-bridge1.jpg?w=422&h=379]</ref>.

==Notas==
{{Referencias}}

[[Categoría:Historia de cidades]]