Revision 2464603 of "Caracteristicas dunha onda sonora" on glwiki{{FormatoWiki}}
As características dunha [[onda sonora]] son a amplitude, a frecuencia, o período, a lonxitude de onda, a fase e a velocidade.
== Amplitude ==
Exprésase como (A), é a distancia de presión entre o punto máximo da onda e o punto mínimo.
Unha maior amplitude ofrece un maior volume.
[[File:Acustica04.gif|thumb|Características dunha onda]]
== Frecuencia ==
Exprésase como (f), é a cantidade de ciclos por segundo, a unidade de medida e o Hz.
Non todos os sons son iguales, xa que non todas as frecuencias o son. A frecuencia inflúe no ton. Moita variación produce un son agudo, e pouca, un son grave.
O son humano non é perfecto, é imposible oír todas as frecuencias. Hai unha zona na que se pode oír o son, e outras nas que non. No home, esta zona vai dende os 20Hz ata os 20000Hz.
Tampouco a sensibilidade auditiva é igual a todas as frecuencias, entre 3 e 5kHz prodúcese a maior sensibilidade do ser humano.
== Lonxitude de onda ==
E a distancia que percorre o son durante un ciclo completo. Esta característica depende da frecuencia e da velocidade. Noméase e represéntase coa letra grega [[Lambda]] e mídese en metros.
[[File:Acustica05.gif|thumb|Lonxitude de onda]]
== Período ==
Exprésase como (P), é o tempo que tarda unha onda sonora en completar un ciclo.
== A velocidade do son ==
Exprésase como (c), é a distancia que percorre o son nun tempo determinado. A velocidade varía segundo a temperatura do aire.
Na seguinte táboa podemos comprobar a velocidade do son en diferentes medios.
{| class="wikitable"
|-
! Medio !! Metros/segundo
|-
| Aire, 21º || 344
|-
| Auga fresca || 1480
|-
| Auga salgada, 21º || 1520
|-
| Plexiglass || 1800
|-
| Madeira (pino) || 3350
|-
| Formigón || 3400
|-
| Aceiro || 5050
|-
| Aluminio || 5150
|-
| Vidro || 5200
|-
| Pladur || 6800
|}
== Fase ==
É a diferenza en graos entre un punto dentro do círculo dunha onda e o seu comezo. É unha medida expresada en graos.
1 ciclo = 360º 1/2 ciclo = 180º
== Desfase ==
É a diferenza en graos entre unha onda e outra nun tempo determinado.
- Interferencia construtiva 360º
- Interferencia destrutiva 180º
[[File:Fase-1.jpg|thumb|Fase e desfase dunha onda]]
{{sencat}}All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?oldid=2464603.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|