Revision 2481995 of "Científicos de Galicia" on glwiki

A seguir vai unha listaxe ordenada cronoloxicamente con boa parte dos '''científicos de Galicia''' que ao longo da [[historia]] contribuíron de maneira notoria nun ou varios campos da [[ciencia]].

== Séculos XVIII-XIX ==
* [[Xosé Rodríguez González]], ([[Lalín]], 1770 - [[Santiago de Compostela]], 1823). Matemático. Coñecido como o ''Matemático Rodríguez'', participou, con [[Arago]], no estudo da triangulación do [[meridiano]] entre [[Dunquerque]] e [[Barcelona]], traballou para a coroa británica en medicións xeodésicas no Pacífico e impartiu cursos na universidade alemá de [[Gottinga]].
* [[Domingo Fontán Rodríguez]], ([[Portas]], 1788 - [[Cuntis]], 1866). Matemático. Cartógrafo.  Dedicou dezasete anos longos da súa vida a realizar a primeira [[Carta Xeométrica de Galicia]].

== Século XIX ==
* [[Miguel Colmeiro Penido]], (Santiago de Compostela, 1816 - [[Sevilla]], 1901). Botánico. Organizou o Xardín Botánico da Universidade de Sevilla. Foi socio fundador e primeiro presidente da Real Sociedade Española de Historia Natural (1871-1872). 
* [[Víctor López Seoane y Pardo-Montenegro]], ([[Ferrol]], 1832 - [[A Coruña]], 1900). Naturalista. Identificou por primeira vez para a ciencia unha especie de [[lagarto]] (''Podarcis bocagei'') e unha [[ra]] (''Rana perezi''). Redactou o capítulo dedicado á Historia Natural galega na obra enciclopédica ''Historia de Galicia'', dirixida por [[Manuel Murguía]], que foi o primeiro intento de recompilación de todos os coñecementos dispoñíbeis nese momento sobre o medio natural galego. Formou parte das principais sociedades e academias científicas de [[Europa]] (de [[zooloxía]], [[botánica]], [[entomoloxía]] e [[xeoloxía]]).

== Séculos XIX-XX ==
* [[Baltasar Merino y Román]], ([[Lerma]], [[Burgos]], 1845 - [[Vigo]], 1917). Botánico. Foi presidente da ''Academia Internacional de Xeografía Botánica'' (1915). Publicou a famosa ''Flora descriptiva é ilustrada de Galicia'', en tres volumes (1905 - 1909). Elaborou para a [[Universidade de Santiago]] un importante [[herbario]] didáctico coas liñas [[taxon|taxonómicas]] máis relevantes de Galicia.
* [[Eugenio Agacino y Martínez]], ([[Ferrol]], 1851 - [[Alacant]], 1924). Mariño. Autor de numerosas obras, entre las que destacan ''Construcción naval mercante'', ''Geografía marítima'', ''Higiene naval'' e ''Manual de telegrafía sin hilos''. Temén elaborou táboas náuticas, un tratado de navegación e libros de trigonometría.
* [[José Rodríguez Carracido]], (Santiago de Compostela, 1856 - 1927). Bioquímico. Pioneiro de [[bioquímica]] en Galicia. Catedrátido de Química Orgánica e despois de Química Biolóxica. Membro de varias reais academias (de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, de Medicina, de Farmacia). Publicou numerosos artigos da súa especialidade. Foi famosa a súa polémica co Cardeal Arcebispo de Sevilla, Frei Ceferino González, sobre o [[evolución|evolucionismo]], en 1889.
* [[Ángel Baltar Cortés]], ([[Padrón]], 1868 - 1934). Médico. Mestre de cirurxiáns, foi cirurxián  do [[Gran Hospital]] de Santiago (do que foi director) durante trinta anos.

== Século XX ==
* [[Gonzalo Gallas Novás]], ([[Pontevedra]], 1866 - [[Granada, España|Granada]], 1955). Químico orgánico. Publicou numerosos artigos na ''Journal Chemical Society'' e en ''Anales'', órgano da Sociedade Española de Física e Química.

* [[Manuel Varela Radío]], ([[Pontevedra]], 1873 - ([[Madrid]], 1962). Médico. A el se debe a incorporación de adiantos técnicos na cirurxía xinecolóxica como a utilización da radioterapia e a autoclave, entre outros. Roberto Nóvoa Santos considerábao como un dos seus mestres.

* [[Ramón María Aller Ulloa]], ([[Lalín]], 1878 - 1966). Matemático. Astrónomo. Profesdor de Xeometría e Análise Matemática na Universidade de Santiago, onde, en 1944 creouse para el a Cátedra de Astronomía. Foi membro da Academia das Ciencias Exactas de Madrid, da Comisión da Astronomía e doutras institucións mundiais. Inventou aparellos de medición e observación.

* [[Cruz Gallástegui Unamuno]], ([[Bergara]], [[Guipúscoa]], 1891 - [[Pontevedra]], 1960). Enxeñeiro agrónomo. Veterinario. Doutorado polas universidades de [[Universidad de Harvard|Harvard]] e [[Universidad de Cornell|Cornell]], grazas aos seus esforzos logra que se cree a [[Misión Biolóxica de Galicia]]. A Misión Biolóxica de Galicia foi, antes de [[1936]], a primeira de España e a segunda de Europa en facer traballos de hibridación de cereais. 

* [[José María Fernández Colmeiro]], ([[Silleda]], 1894 - [[París]], 1959). Médico. En [[1928]] graduouse en [[medicina]] na [[Universidade de Montevideo]]. En [[1935]] foi nomeado agregado cultural da embaixada do [[Uruguai]] en Madrid. Desde [[1938]] traballou na [[Fundación Curie]] de [[París]], que chegou a dirixir. Foi tamén director do [[Instituto de Canceroloxía]]. 

* [[Gumersindo Sánchez Guisande]], (Santiago de Compostela, 1894 - [[Buenos Aires]], 1976). Médico. Licenciouse en [[medicina]] en [[1915]] en Santiago con Premio Extraordinario. En [[1918]] foi encargado pola [[Junta de Ampliación de Estudios]] para participar, en Portugal, na organización dos Institutos de Anatomía. Creou unha institución de protección á infancia, sendo coñecido como o "médico dos nenos pobres". Exiliado en Arxentina, foi director médico do [[Centro Gallego de Bos Aires]] e fundou con [[Antonio Baltar]] un sanatorio en [[Mendoza]], ocupando a cátedra de Anatomía da Universidade desa cidade. Pronunciou conferencias, publicou traballos científicos e sociolóxicos e organizou cursos. Mesmo patentou inventos como o [[biberón]].

* [[Roberto Nóvoa Santos]], ([[A Coruña]], 1895 - Santiago de Compostela, 1933). Médico. Licenciouse en [[medicina]] en Santiago de Compostela, e comezou na docencia como profesor auxiliar de [[Patoloxía Xeral]] na Facultade de Medicina de Santiago. En [[1911]], foi a estudar [[Fisioloxía]] e [[Patoloxía]] a [[Francia]], [[Austria]] e [[Alemaña]], cunha bolsa da [[Junta de Ampliación de Estudios]] ([[J.A.E.]]). Á súa volta obtivo a cátedra de [[Patoloxía Xeral]] da universidade de Santiago de Compostela e, despois, da de [[Madrid]].  Deixou máis de 200 traballos publicados, e fundou e dirixiu varias revistas de divulgación científica.

* [[Luís Iglesias Iglesias]], ([[Teis]], 1895 - Santiago de Compostela, 1977). Entomólogo. Parasitólogo. Licenciado en [[Ciencias Naurais]] pola [[Universidade de Madrid]], doutrouse na mesma en [[1918]] e, ao ano seguinte, licenciouse en [[Medicina]] na [[Universidade de Santiago]]. Dedicouse á docencia e á investigación centrada, sobre todo, na [[entomoloxía]]. Foi decano da Facultade de Ciencias, reitor da Universidade e Presidente do Seminario de Estudos Galegos. En [[1947]] ingresou na [[Real Academia Galega]].

* [[Enrique Vidal Abascal]], ([[Oviedo]], 1908 - Santiago de Compostela, 1994). Matemático. Astrónomo. Doutor en [[Ciencia|Ciencias Matemáticas]] pola Universidade de [[Madrid]] ([[1944]]). Exerceu a docencia en [[Galicia]], onde residía desde a súa nenez, como catedrático de Instituto e, desde [[1955]], como catedrático de [[Xeometría|Xeometría Diferencial]] da [[Universidade de Santiago de Compostela]] sendo, desde a súa creación en [[1968]], decano da [[Facultade de Ciencias Matemáticas]] de dita universidade, até a súa xubilación.  Foi promotor da [[Academia Galega de Ciencias]], da que foi o seu primeiro presidente, e director do [[Seminario de Estudos Matemáticos de Santiago de Compostela]] entre [[1967]] e [[1978]]. Inventou un aparello, o [[orbígrafo]]. Foi membro da [[Real Academia Galega]].

* [[Antonia Ferrín Moreiras]], ([[Ourense]], 1914 - Santiago de Compostela, 2009). Matemática. Astrónoma. Licencida en [[Química]]s, e mestra, matricúlase en [[Farmacia]] e fai os dous cursos de [[Ciencias Exactas]] que a Universidade de Santiago ofertaba naquela altura. Profesora axudante de [[Enrique Vidal Abascal]], coñece a [[Ramón María Aller]] e interésase pola [[astronomía]]. Licénciase por libre en Ciencias Exactas na [[Universidade Central de Madrid]]. Doutórase cunha tese obre observación astronómica, por Aller, que presenta na [[Universidade Complutense de Madrid]]. Durante case 20 anos, até a súa xubilación, dá clase de [[astronomía]] na universidade madrileña.

* [[Luis Freire García]], ([[A Coruña]], 1914 - [[Vigo]], 1997). Botánico. Micólogo. Comezou, aos 57 anos, os estudos de [[Bioloxía]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]], rematando en catro anos ([[1975]]) doutorándose en [[1981]], cunha tese sobre "Macromicetos da Selva Negra". Impartiu clases de [[Botánica]]. Foi membro fundador da [[Sociedade Galega de Historia Natural]], do [[Grupo Botánico Galego]], do [[Grupo Micolóxico Galego]] e da [[Asociación de Amigos da Casa das Ciencias]]. Desde [[1999]] os [[Museos Científicos Coruñeses]] organizan o [[Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares]].

* [[Wenceslao Calvo Garra]], ([[Lalín]], 1921 - [[Ulm]], [[Alemaña]], 2003). Médico. Anatomopatólogo.
* [[Ernesto Viéitez Cortizo]], ([[Pontevedra]], 1921). Fisiólogo.
* [[Odón Abad Flores]], ([[Camagüey]], [[Cuba]], 1929). Enxeñeiro agónomo.
* [[José Luis Allué Andrade]], ([[Monforte de Lemos]], 1931). Enxeñeiro forestal.
* [[María Tarsy Carballas Fernández]], ([[Taboada]], 1934). Edafóloga.
* [[Carlos Acuña Castroviejo]], (Santiago de Compostela, 1942). Fisiólogo.
* [[Félix Vidal Costa]], (Santiago de Compostela, 1942). Físico.
* [[Isabel Bermúdez Hermida]], (Santiago de Compostela, 1942). Microbiólofa.
* [[Manuel Bermejo Patiño]], ([[A Coruña]], 1945). Químico.
* [[Ramón Núñez Centella]], ([[A Coruña]], 1946). Químico. Divulgador científico.
* [[Juan Ramón Vidal Romaní]], ([[Tarragona]], 1946). Xeólogo.
* [[Xosé Antón Fraga Vázquez]], ([[A Coruña]], 1950). Biólogo. Divulgador científico.
* [[María Alonso Fernández]], ([[Carrizo de la Ribera]], [[provincia de León|León]], 1958). Farmacéutica.
* [[Amparo Alonso Betanzos]], ([[Vigo]], 1961). Física. 
* [[Jorge Mira Pérez]], ([[Zas]], 1968). Físico. Divulgador científico.
* [[Alberto Naveira Garabato]], ([[A Coruña]], 1974). Físico. Oceanógrafo.  
* [[Olaia Naveiras Torres-Quiroga]], ([[A Coruña]], 1977). Médica. Inmunóloga.

== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Ciencia]]
* [[A ciencia ten nome de muller]]
===Ligazóns externas===
*[http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-18-as-causas-das-cousas ''As causas das cousas''], capítulo de ''[[Historias de Galicia]]'' na [[TVG]].

[[Categoría:Científicos galegos]]