Revision 2491932 of "Normandía - Normandie" on glwiki'''Normandía''' (en francés ''Normandie'', en normando ''Normaundie'') é unha rexión xeográfica e unha rexión historíca do norte de [[Francia]]. A [[Alta Normandía]] (''Haute-Normandie'') está composta polos departamentos franceses de [[Sena Marítimo]] e [[Eure]]. A [[Baixa Normandía]] (''Basse-Normandie'') está integrada por [[Orne]], [[Calvados]] e [[Manche]].
O antigo [[Ducado de Normandía]] estaba situado no norte de Francia, e ocupaba o área baixa do [[río Sena]], o Pays de Caux e a rexión de oeste a través de Pays d'Auxe ata a Península de Cotentin. Históricamente, Normandía foi unha provincia de Francia.
As [[Illas Anglonormandas]] aínda que son dependencias da coroa británica, son cultural e históricamente parte do Ducado de Normandía.
Contido
== Historia ==
Normandía foi o lugar onde habitaron os [[Normandos]] a comezos da [[Idade Media]]. Eles foron os últimos en invadir con éxito [[Inglaterra]]. Eran unha mestura de indíxenas [[galos]] e [[vikingos]] invasores baixo o liderado de [[Roberto I]] (Gange Rolf), quen sitió [[París]] e foille concedida o área de Normandía a cambio de defendela contra os ataques [[piratas]], mediante o Tratado de Saint-Clair-sur-Epte no ano de 911.
O descendiente de Roberto, Guillerme, Duque de Normandía, invadiu Inglaterra en 1066 e converteuse no Rei [[Guillerme I de Inglaterra]]. Normandía mantívose asociada con Inglaterra ata 1087, entre 1106 e 1144 e entre 1154 e 1204. A [[Batalla de Bouvines]] tivo lugar en 1214. Foi ocupada por forzas inglesas durante a [[Guerra dos Cen Anos]] entre 1346 e 1360 e novamente entre 1415 e 1450. As familias normandas, como a de [[Tancredo de Hauteville]] tiveron un importante papel na Cruzadas
Tanto [[Robert Wace]] como [[Orderico Vital]] son importantes escritores normandos da historia da provincia.
En 1942 durante a [[Segunda Guerra Mundial]], tivo lugar a [[Batalla de Dieppe]] (Sena Marítimo), ataque das forzas aliadas (principalmente [[canadienses]] e [[británicas]]) aos ocupantes [[alemáns]].
A rexión foi máis tarde, o escenario da [[Batalla de Normandía]] ou Operación Overlord que tivo lugar na mañá do 6 de xuño de 1944, sendo as praias normandas a principal vía de entrada das tropas aliadas ao [[III reich]], data tamén coñecida como o [[día D]], o que abriu unha segunda fronte contra o [[exército nazi]].
No 2004 con motivo de sesaxésimo aniversario do desembarco, o [[Chanceler]] de [[Alemaña]] [[Gerhard Schröder]] visitou a rexión marcando un fito nas [[relacións franco-alemás]].
[[Categoría:Historia de Francia]]
[[Categoría:Divisións de Francia]]
[[ang:Normandig]]
[[ar:نورمندي]]
[[bpy:নোর্মান্ডিয়া]]
[[ca:Regió de Normandia]]
[[eo:Normandio]]
[[zh:諾曼第]]All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?oldid=2491932.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|