Revision 2492073 of "Clasificación dos sons" on glwiki

{{lixo|o contido levouse en forma de seccion ao artigo [[Son]]}}
{{Fusión|Son}}
{{FormatoWiki}}
{{Sen referencias|data=xuño de 2012}}
Os [[Son|sons]] pódense clasificar en dúas ramas: '''deterministas e aleatorios.'''
[[Ficheiro:Esquema ondas.png|miniatura|Esquema das ondas.]]

== Os sons deterministas ==
Os sons deterministas pódense representar sempre a través dunha expresión matemática que indica o xeito no que varía a correspondente presión sonora en función do tempo; podemos coñecer a súa evolución temporal coñecendo a súa frecuencia e amplitude. Dentro deste grupo de sons atopamos como máis representativos os sons periódicos simples, os sons periódicos complexos e os transitorios.  Os sons periódicos clasifícanse a súa vez en sinusoidais e complexos.

[[Ficheiro:TonoPuro EspectroFrecuencial.jpg|miniatura|Ton puro e o seu espectro de frecuencia.]]
*'''Son periódico simple''' (ton puro)
É o tipo de son máis simple que existe, componse dunha única frecuencia constante que ten o seu espectro nunha sola liña.


*'''Son periódico complexo'''
Este son caracterízase por unha frecuencia de orixe, denominada fundamental ou primeiro harmónico, e un conxunto finito ( e as veces infinito) de frecuencias múltiplos desta.


*'''Son transitorio'''
Este son é o resultante da brusca liberación de enerxía baixo a forma, por exemplo, dunha forte explosión.
Aparece repentinamente e ten unha duración breve. Estes sons conteñen un gran número de compoñentes de frecuencia que non gardan relación harmónica entre sí, senón que forman un espectro continuo.

== Os sons aleatorios ==
Os sons aleatorios están formados por moitas frecuencias de valor non predicible, habitualmente reciben o nome de ''“ruído”.''
Neste caso, en lugar de empregar o [[Espectro de frecuencia|espectro de frecuencia]], faise uso da chamada densidade espectral de potencia, e dicir, da potencia sonora por unidade de frecuencia.
Un tipo de son aleatorio característico é o Ruído Branco.

== Ruído branco e Ruído rosa ==
*'''Ruído branco'''


Defínese como aquel ruído que presenta unha densidade espectral de potencia constante. Dado que a luz branca e aquela que contén todas as frecuencias do espectro visible, o ruído branco deriva o seu nome de conter tamén todas as frecuencias.

É unha sinal non correlativa, é dicir, no eixe do tempo a sinal toma valores sen ningunha relacións uns cos outros. Nunha gráfica espectral de frecuencia, no dominio da frecuencia, veríamos todas as compoñentes coa mesma amplitude, facendo o efecto dunha liña continua paralela ao eixe horizontal. 

Sóese empregar como sinal de probas, inda que en realidade prefírese o ruído rosa dado que a súa densidade espectral asemellase máis a do son real e como o percibimos nos.

Nunha gráfica de eixe horizontal de comportamento logarítmico, unha medida de ruído branco veriámola ascendente a 3dB por oitava, ao contrario que o ruído rosa, que, nese caso, si se ve plano. 

*'''Ruído rosa'''
[[Ficheiro:Ruido rosa.jpg|miniatura|Ruído rosa.]]

É un ruído aleatorio que posúe unha densidade espectral de potencia constante  que se relaciona a través de 1/f coa frecuencia.

O seu nome deriva pois é un intermedio entre o ruído branco (constante) e o ruído vermello ou browniano (que se relaciona 1/f2).

Este ruído ten a mesma enerxía en tódalas oitavas, é por isto que a súa enerxía decae 3dB por oitava. Ao escoitalo, resulta máis escuro que o ruído branco.

No mundo do son o ruído rosa é moi empregado, por un lado o espectro é moi parecido ao da maioría dos instrumentos harmónicos, e por outro, dado que na maioría de gráficas se emprega una escala logarítmica no eixe horizontal, o ruído rosa vese como se tivera un espectro plano.


{{sencat}}