Revision 2492849 of "Atnag" on glwiki[[Ficheiro:Atnag.png|miniatura|Atnag, [[software libre]] para crear actividades educativas para [[educación infantil]].]] '''Atnag''' é un programa de autor realizado polo francés [[Gérard Sellés]]. Unha ferramenta que funciona baixo [[Linux]] e permite crear diferentes tipos de actividades [[educación|educativas]], especialmente indicadas para o alumnado de [[educación infantil]] e o primeiro ciclo de [[educación primaria]]. Foi traducido ao galego por [[Xosé Antón Vicente Rodríguez]]. ==Actividades== *'''Esponxa''': Para deseñar unha actividade coa que acadar destreza no manexo do [[rato (informática)|rato]], borrando ou cubrindo un debuxo. *'''Clic''': Para seguir mellorando a destreza co rato sobre un elemento, xa sexa desprazándoo ou facendo clic co botón esquerdo. *'''Memoria''': Para atopar figuras idénticas abríndoas de dúas en dúas. *'''Memoria 2''': Asociando as cartas con un son ou texto (moi interesante na aprendizaxe de [[lingua estranxeira|linguas estranxeiras]]). *'''Intruso''': Atopar entre doce elementos aquel que non é igual aos demais. *'''[[Dominó]]''': Permite deseñar un xogo no que o alumnado debe completar ou construír as dúas caras dun conxunto de dominó. *'''Número (cantidade)''': Hai que contar o número de elementos da pantalla. *'''Número (relación)''': Cómpre atopar os valores de todas as caras do dominó que corresponden co valor que indica o dado, tirado ao chou. *'''Caída (letras-números)''': Débese impedir que as letras, sílabas, palabras ou números que descendan toquen o chan, premendo antes a letra, sílaba, palabra ou número no teclado. *'''Xeoformas''': Consiste en construír e colorear un debuxo dado con figuras xeométricas (círculos, cadrados, triángulos), segundo o modelo proposto. *'''Formas e cor''': Atopar a través dunha serie de debuxos construídos por formas xeométricas -divididas en catro partes e coloreada cada zona- unha forma concreta segundo as cores que a constitúen. *'''[[Labirinto]]''': O alumno terá que moverse utilizando as frechas de dirección no labirinto. Hai varias opcións para este xogo. *'''A oca''': O alumno terá que moverse no taboleiro do [[xogo da oca]], segundo o número de casiñas determinado por unha tirada aleatoria. *'''Seleccionar (tamaño)''': Para atopar nun conxunto de elementos o obxecto concreto segundo a orde dada. *'''Clasificar (tamaño)''': Débese clasificar un conxunto de elementos segundo a orde dada. *'''Test''': Hai que escoller unha resposta entre varias, para cada unha das preguntas propostas. *'''Letras e números''': Consiste en facer desfilar unha serie de fotos, premendo a primeira letra do obxecto representado para poder pasar á seguinte. *'''Cadro de dobre entrada''': Cómpre acertar unha serie de asociacións nun cadro de dobre entrada. *'''[[Crebacabezas]]''': Deberase construír un crebacabezas. Diferentes posibilidades como asociar sons, ordenar secuencias... *'''Colorear 1''': Colorear libremente ou segundo a orde dada. *'''Colorear 2''': Con etiquetas, reproducir un debuxo de modelo, ordenar frases,... *'''Relacionar 1''': Para establecer relacións segundo diferentes criterios: círculo-óvalo, cor, dentro-fóra. *'''Relacionar 2''': Relacións segundo varios criterios: Valores. *'''Lectura''': Permite a clasificación dos nomes das imaxes por letras, sílabas, [[fonema]]s, asociación, [[ortografía]], plurais. *'''Bits I''': A partir deste motor é posible aplicar na aula o [[método de estimulación temperá]] de [[Glenn Doman]]. Imaxes e texto. *'''Bits II''': Bits de intelixencia e contos. *'''Bits III''': Contos con texto. *'''Bits IV''': Aprendizaxe de conceptos matemáticos de cantidade e resta de cantidades. *'''Bits V''': suma ou resta. ==Véxase tamén== ===Ligazóns externas=== *[http://www.atnag.org/ Páxina principal] *[http://www.cor-edux.org/modules.php?op=modload&name=dpHtml&file=tdm/ Documentación] *[http://www.cor-edux.org/mailman/listinfo/ATNAG-usuarios-es/ Lista de distribución en español de usuarios de Atnag] *[http://engalego.blogspot.com/2007_02_01_archive.html Blog do tradutor ao galego] [[Categoría:Aplicacións]] [[ml:സ്വതന്ത്ര സോഫ്റ്റ്വെയര്]] [[sq:Program kompjuterik i lirë]] [[tl:Malayang software]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?oldid=2492849.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|