Revision 2621683 of "Amea" on glwiki

[[Ficheiro:Almeria Zinnen der Alcazaba fcm.jpg|thumb|Merlóns da [[Alcazaba]] de [[Almería]] (España)]]

Unha '''amea''' ou '''merlón'''<ref>[http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=merl%F3n&tipo_busca=lema]</ref> é en [[arquitectura militar]] cada un dos saíntes en forma de prisma nos que remata a parte superior das [[muralla]]s e [[castelo]]s que serve como defensa ou ornamento. Soen estar feitos en pedra ou [[Ladrillo|tixolo]]. 

Son elementos macizos, de configuración variada, implantados sobre o antepeito, que coroan as murallas da fortificación medieval e destinados a protexer os defensores colocados nos [[adarve]]s, de onde axexaban o inimigo.

O termo amea vén do [[latín]] ''mina[s]''. En portugués o único termo é ''merlão'' (do francés ''merlon''), deixando a verba ''ameia'' para referirse ao oco entre dous merlóns.  

== Notas ==
{{Listaref}}

== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
*[[Seteira]]
*[[Adarve]]

[[Categoría:Castelos e fortalezas]]
[[Categoría:Murallas]]
[[Categoría:Elementos arquitectónicos]]

[[ar:ثلمة]]
[[ca:Merlet]]
[[de:Zinne]]
[[en:Merlon]]
[[es:Almena]]
[[eu:Almena]]
[[fr:Merlon (fortification)]]
[[it:Merlo (architettura)]]
[[li:Kanteel]]
[[nl:Kanteel]]
[[pt:Merlão]]
[[ru:Зубец]]
[[sv:Krenelering]]
[[th:ใบสอ]]
[[uk:Мерлон]]