Revision 3070903 of "Acisclo Manzano" on glwiki

[[Ficheiro:Ourense Acisclo Manzano2.jpg|miniatura|300px|Estatua de Acisclo Manzano (O Paseo, [[Ourense]])]]
'''Acisclo Manzano Freire''', nado en [[Ourense]] en [[1940]], é un dos máis importantes [[escultura|escultores]] galegos vivos.

== Traxectoria ==
Iniciou a súa formación en centros de ensinanza laboral, onde aprendeu a tallar a [[madeira]]. Foi alumno de [[Francisco Asorey]] e de [[Olimpio Liste]]. Participou dende moi novo en mostras [[artesanía|artesanais]], onde destacou e gañou premios pola súa concepción da forma, que naquel tempo se expresaba unicamente a través da [[madeira]].

Vincúlase ao grupo de ''[[Os Artistiñas]]'', que anima en [[Ourense]] o escritor [[Vicente Risco]], e do que forman parte [[Xaime Quessada]], [[Xosé Luis de Dios]], [[Manuel García de Buciños]] e [[Xavier Pousa Carrera]], ao redor do café [[Volter]]. Comeza a realizar exposicións internacionais ([[Francia]], [[Italia]], [[Suecia]], [[Exipto]] ou [[México]], onde expón no Museo de Arte Moderna de [[Cidade de México]]. Practicaba daquela o [[expresionismo]] e traballaba modificando escasamente, [[Tronco (árbore)|tronco]]s abandonados e [[trabe]]s. Evoluíu despois ata formas recluídas, vagamente [[arte figurativa|figurativas]], ou a expresións humanas moi idealizadas, combinando curva e rugosidades sobre [[bronce]].

Durante un tempo reside en [[Eivisa]], onde comeza a traballar na [[arxila]] rosada da illa, co que abandona temporalmente a [[madeira]] e o [[bronce]]. Nesta etapa eivisenca inspírase directamente nos restos [[Fidias|fidianos]] do [[Partenón]] que garda o [[British Museum]]: insinuacións de formas, fragmentos de [[torsos]] e ondulacións, cunha textura onde alterna a [[convexidade]] e o grao da pedra. 

Finalmente establécese en [[Biduedo, Pereda, San Cristovo de Cea|Biduedo]] ([[San Cristovo de Cea]]), a uns vinte quilómetros de [[Ourense]], ao pé da estrada a Compostela. No seu obradoiro de Biduedo traballa en solitario.

Entre as súas obras destaca o mural de bronce do centro cultural de Caixa Galicia, en [[Santiago de Compostela|Compostela]].

Foi medalla española de Arte Xuvenil e recibiu o [[Premio Celanova, Casa dos Poetas]] en [[2004]]. É membro da [[Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario]] dende [[2008]].

== Galería de imaxes ==
<gallery>
Ficheiro:Acisclo manzano CIRP 2.JPG|Mural nos xardíns do complexo da Barcia, en Santiago de Compostela
Ficheiro:Lalin 26-10-08 11.jpg|''Deusa do Deza'', en Lalín.
Ficheiro:Acisclo Manzano Ramon Piñeiro 02.jpg|[[A Barcia, Laraño, Santiago de Compostela|A Barcia]], [[Laraño, Santiago de Compostela|Laraño]], [[Santiago de Compostela]]
Ficheiro:¡Hola Margarita!.jpg|''¡Hola Margarita!'' Praia de Silgar, Sanxenxo.
</gallery>

== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.coleccioncaixanova.com/cargador.php?phpg_idap=1008&phps_idm=1&phpg_ctp=2&phpg_id=31 Obra do autor na Colección Caixanova]

{{ORDENAR:Manzano Freire,Acisclo}}
{{commonscat|Acisclo Manzano}}

[[Categoría:Escultores de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Ourense]]
[[Categoría:Nados en 1940]]