Revision 3072956 of "Alfonso Costa Beiro" on glwiki

{{Copyvio|1=http://coleccion.obrasocialncg.com/index.php?idautor=1}}
[[Ficheiro:Noia A nao do ar 01-02.jpg|miniatura|250px|"A nao do ar", homenaxe a Avilés de Taramancos, 2003, Noia.]]
'''Alfonso Costa Beiro''', nado en [[Noia]] en [[1943]], é un pintor e escultor [[Galicia|galego]].

==Traxectoria==
===Primeiros anos===
Viviu a súa infancia e adolescencia na vila natal, xunto ao [[Océano Atlántico]]. Aos dezasete anos trasládase a [[Barcelona]]. O mozo galego ten unha vocación definida, pero non un oficio concreto, e atravesa dificultades na gran cidade, ata que en [[1967]] realiza a súa primeira exposición.

===Viaxes e mostras===
Pronto descobre o seu talento un crítico de prestixio, Cesáreo Rodríguez Aguilera, outro transterrado, que exerce a xudicatura e a crítica de arte e chegou a Cataluña desde a súa [[Quesada]] natal, onde viu nacer e crecer ao inmenso pintor [[Rafael Zabaleta]]. Anos despois, a mesma prestixiosa firma referendaría a calidade plástica do galego, que posúe un debuxo máxico e unha paleta evanescente, dunha elegancia natural realmente única.

Desde a inicial exposición xienense, Costa Beiro traballa de modo incansable. É seleccionado para unha mostra colectiva de debuxo que leva o nome de [[Joan Miró]]. En [[1972]] concédeselle unha bolsa da [[Fundación March]] para coñecer [[Florencia - Firenze|Florencia]], feito que terá unha influencia decisiva no seu futuro estético. O galego realiza carteis e participa en colectivas internacionais. Fai series de gravados que incrementan o seu prestixio e forma parte de mostras que percorren [[A Habana]] e [[Lisboa]].

===Anos 80===
En [[1984]] conclúe un dos seus grandes empeños, unha pintura de 2.000 metros cadrados, iniciada tres anos antes, no Instituto Frenopático de Barcelona. Ilustra series de artigos en [[Prensa escrita|prensa]], asinados polo seu amigo o escritor Xavier Costa Clavel, e os poemas de Rodríguez Aguilera.

As súas exposicións sucédense en toda España. En [[1983]] obtén unha bolsa do Ministerio de Cultura, e o Concello de [[Noia]] outórgalle a medalla da vila, á que dedicou carteis festeiros e outros agasallos. A súa presenza no [[libro]] é constante, con ilustracións para obras de Costa Clavel e [[Neira Vilas]]. Novos Murais, en [[1985]], nunha industria coruñesa e no [[Instituto Xelmírez]] de Compostela. Máis murais, en establecementos carcereiros. Exposicións importantes fóra de España.

Os anos oitenta, de intensa actividade para o artista, consolidou a súa fama no estranxeiro, principalmente en [[Francia]] e en [[Alemaña]]. En [[1988]] realiza unha gran exposición no [[Kiosko Alfonso]] da [[A Coruña|Coruña]], que demostra aos seus paisanos a xustificación da súa fama.
Recibe encargos oficiais constantemente. Os seus cartafois de [[gravado]]s interesan aos coleccionistas. A súa fama está consolidada dentro e fóra de España. Figura nos museos Provinciais de Lugo, de Pontevedra, de Sada, A Coruña; de Arte Moderna de Barcelona, de Palma de Mallorca, de Hospitalet, Barcelona, Provincial de Burgos, de Arte moderna de Madrid, Zabaleta de Quesada, Xaén; de Xirona; de Ostende, Bélxica; de Vigo e da fundación March, en Madrid. Tamén está representado en institucións oficiais como o Instituto Padre Sarmiento de Santiago, [[Universidade de Compostela]], [[Xunta de Galicia]], Concello da Coruña, [[Generalitat de Cataluña]], Deputacións provinciais de Santander, Xirona, Guadalaxara, e o Congreso dos Deputados.

==Estilo==
A pintura de Costa Beiro é un persoal [[expresionismo]] lírico. Ten concomitancias con [[Francis Bacon (artista)|Francis Bacon]], aínda que desde totais liberdades. Inscríbense en fondos como espellos de azougue perdido, en rosas, carmíns, azuis, amarelos. Baseada nun prodixioso, rítmico debuxo, a materia é leve, deleída, con texturas moi ricas e contrastes de tons de efectismo de [[vidreira]].

Practicamente nunca se apartou dunha vaga figuración, aínda que as doses de [[abstracción]] sexan considerables. Sabe aproveitar recursos do [[cubismo]] e aínda do [[surrealismo]] en composicións medidas, na que latexa a [[xeometría]] ben dixerida.

Unha enorme alegría, un ámbito lúdico preside estas pinturas nas que están o [[mito]], o [[onirismo]], a evocación e a ideación en perspectivas infinitas que emparentan, ás veces, co menos rigoroso [[Salvador Dalí|Dalí]], a quen sen dúbida coñece ben.

==Obra literaria==
===Poesía===
*''O espello de papel'', [[1996]], [[Toxosoutos]].

===Obras colectivas===
*''Níxer'', [[2010]], [[Xerais]].

==Bibliografía==
*García Iglesias, José Manuel: ''Alfonso Costa''. Barcelona, Edit. Dubé, 1990.
*Castro Arines, José de: ''Alfonso Costa''. Barcelona, Edit. Sotelo Blanco, 1986.
*Pablos, Francisco: ''Plástica galega''. Vigo, Caixa de Aforros Municipal de Vigo, 1981.
*''Vangardas e silencios''. Compostela, Xunta de Galicia, 1988.
*Gran enciclopedia galega. Vol. 7. Xixón, S. Cañada, Edit., 1964.
*Castro, X. Antón: ''Expresión atlántica''. Santiago de Compostela, Edit. Follas Novas, 1985.
*I e II Mostras Unión Fenosa. A Coruña, 1989 y 1991.
*Mon, Fernando: ''Pintura contemporánea en Galicia''. A Coruña, Caixa Galicia, 1987. 

==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
* [http://coleccion.obrasocialncg.com/index.php?idautor=1 Obras do autor] pertencentes á [[Colección Novacaixagalicia]].

{{ORDENAR:Costa Beiro, Alfonso}}
[[Categoría:Pintores de Galicia do século XX]]
[[Categoría:Pintores de Galicia do século XXI]]
[[Categoría:Nados en Noia]]
[[Categoría:Nados en 1943]]