Revision 3178004 of "Go no sen" on glwiki

{{título en cursiva}}
'''Go no sen''' ({{lang|ja|後の戦}}, pos-ataque) é un concepto das [[Arte marcial|artes marciais]] de [[Xapón]], que consiste en tomar a iniciativa num embate despois da manifestación do opoñente. Doutra forma, así que o adversario promove seu movemento de ataque, quen se defende pasa a realizar a súa técnica, que se pode facer de moitas maneiras, desde un simple bloqueo ata un movemento de desvío ou movemento que se aproveite do propio ataque inicial.<ref>{{Cita libro|lingua=portugués|título=O melhor do karate (kumite 1)|volume=3|nome=Masatoshi|apelidos=Nakayama|localización=São Paulo|editor=Pensamento-Cultrix|ano=2010|edición=12|páxina=44}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|título=Sen|subtítulo=taking the initiative|revista=Black Belt|nome=Dave|apelidos=Lowry|ano=1998|mes=marzo|páxina=92|lingua=inglés}}</ref><ref>{{Cita libro|lingua=inglés|título=Aikido: the Tomiki way|nome=Neil|apelidos=Saunders|páxina=58|localización=Bloomington|editor=Trafford|ano=2003}}</ref>

O concepto de ''go no sen'' non se resume ó contraataque en determinado momento, despois do adversario, pero é tamén un estado mental no cal a persoa pasa a percibir o seu opoñente, o ambiente ó redor e a si mesmo como se fosen unha unidade. Así, é máis apropiado falar que o ''go no sen'' flúe porque procede dun estado de harmonía que xorde entre os combatentes. Pódese dicir mesmo que se controla a loita ao se recoñecer que non todo pode ser controlado. E, aínda que esta idea poida parecer contraditoria, ó recoñecela, os movementos de defensa vólvense máis fáciles.<ref>{{Cita web|url=http://www.aiki-shuren-dojo.com/pdf/Go%20no%20sen.pdf|formato=PDF|título=Go no sen / sen no sen / sensen no sen|dataacceso=14 de xaneiro de 2014|lingua=inglés}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.hispagimnasios.com/a_japan/kumite.php|título=El Kumite en el karate|dataacceso=14 de xaneiro de 2014|lingua=castelán}}</ref>

Amais do aspecto marcial, o concepto de ''go no sen'' pode ser visto desde os aspectos moral e filosófico, lado ese máis enfatizado cando se leva en conta o termo "dô" ({{lang|ja|道}}, ''dō''), que está presente nos nomes de diversas artes marciais, como [[judo]], [[aikido]] e [[kendo]], significando que o *budoca xamais debe tomar a iniciativa nun eventual e inevitábel enfrontamento. En karate, iso nótase na frase "no karate, non existe primeiro ataque" ({{lang|ja|空手に先手なし}}, ''karate ni sente nashi'').<ref>{{Cita libro|lingua=inglés|título=Shotokan Myths|nome=Kousaku|apelidos=Yokota|editor=Xlibris|ano=2010|localización=Bloomington|páxina=191}}</ref>

==Notas==
{{listaref}}

[[Categoría:Artes marciais do Xapón]]