Revision 3420120 of "Reino de Galicia e a historiografía tradicional española" on glwiki

[[Ficheiro:Reccared I Conversión, by Muñoz Degrain, Senate Palace, Madrid.jpg|miniatura|dereita|300px|A visión [[romanticismo|romanticista]] do [[reino visigodo]] foi un dos alicerces do [[nacionalismo español]] de finais do [[século XIX]]. ''Conversión de [[Recaredo]]''. Muñoz Degrain, [[1888]]. ''[[Senado de España|Palacio del Senado]]'', [[Madrid]].]]
Coa creación do Estado Liberal Español a comezos do [[século XIX]], comeza a se forxar na época de [[Isabel II de España|Isabel II]] un proceso político-ideolóxico dirixido a xustificar por medio dunha longuísima secuencia histórica a necesidade divina da creación política do [[España|Estado Español]]<ref name="carreira">{{cita libro| autor =LÓPEZ CARREIRA, A.| título =O reino medieval de Galicia| ano =2005| publicación =Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A.| id = ISBN 8496403548}}</ref> e a establecer un arquetipo historiográfico español de rigorosa aplicación en todos os períodos históricos, pautas políticas desenvolvidas polo [[nacionalismo español]] e estudadas por autores contemporáneos tales como J.S Pérez, Imman Fox<ref>Fox, 1997.</ref>, T. Elorriaga ou P.Cirujano <ref>Cirujano/Elorriaga/Pérez, 1985.</ref>.

A ausencia dunha historia que respondera ás esixencias ideolóxico-historiográficas do novo Estado-nación ''España'', foi salvada polo ambicioso proxecto editorial de Modesto Lafuente, ''Historia General de España'', emprendido no ano [[1850]] e que aspiraba a ser a primeira historia ''nacional'' española, establecendo os alicerces nos que posteriormente se asentarían gran parte da historiografía española. 

Axiña e coincidindo co inicio das hostilidades bélicas con [[Marrocos]] na metade do [[século XIX]], comezouse a colocar as pedras angulares da historiografía tradicional española; os [[visigodos]], a [[Reconquista]] e o suposto papel preponderante do [[reino de Castela]]. Con isto pretendíase dotar á ''nación'' española dunha aura divina, ''Si alguna porción del globo parece hecha para ser habitada por un pueblo reunido en cuerpo de nación, este país es la España''<ref name="Lafuente">{{cita libro| autor =LAFUENTE, M.| título =Historia General de España, T. 1| ano =1850| publicación =| id = }} {{es}}.</ref>, concedendo ós visigodos unha especial atención ''¿Serán estes ''(suevos e outros)'' los pueblos destinados a heredar esta rica y fértil provincia? No, ni España lo merece, ni Dios lo permite. Unos y otros serán arrojados por un pueblo menos indigno que ellos de ocupar este suelo privilegiado, los visigodos''<ref name="Lafuente"/>.

A [[xeración do 98]] marcada fortemente polo nacionalismo español debido á perda das colonias de ultramar, non só herdaría os novos postulados historicistas, senón que afondaría na súa estela, proxectando o seu castelanismo no terreo historiográfico, por obra de [[Ramón Menéndez Pidal|Menéndez Pidal]], creador do Centro de Estudios Históricos (en [[1910]])<ref>Vid. Fox, 1997, ps. 97 ss.</ref>, baixo a súa dirección emprendíase en [[1935]] a publicación da enciclopedia ''Historia de España'', onde aqueles arquetipos da [[Reconquista]]-Repoboación, loita contra o [[Islam]] e papel sobranceiro de [[Castela]] cobran plena carta de natureza<ref name="carreira"/>, ''Crisis gravísima de la invasión árabe (...) nación invadida pasajeramente por los sarracenos''<ref name="Pidal">{{cita libro| autor =MENÉNDEZ PIDAL, Ramón| título =La España del Cid| ano =1967| publicación =Espasa-Calpe| id = }} {{es}}.</ref>, ensalzando a figura do fidalgo castelán o [[Rodrigo Díaz de Vivar|Cid]] como ''héroe de la nación española''<ref name="Pidal"/>, e ''excelente cristiano, campeador de la fe y de la independencia nacional''<ref name="Pidal"/>, aínda cando o Estado-''nación'' español tardaría máis de 700 anos en formarse. 

A consolidación desta ideoloxía historicista formada polo nacionalismo español chegaría ó seu maior grao co triunfo da ultradereita no ano [[1936]], establecéndose de xeito oficial durante a ditadura de [[Francisco Franco]] ([[1939]]-[[1975]]) e revestíndoa ideoloxicamente autores afíns á ditadura como o falaxista Pérez de Urbel<ref>Colaborador de ''Vértice (Revista Nacional de Falange Española Tradicionalista y de las JONS) durante a guerra civil española e inmediata posguerra.</ref>, José Antonio Maravall e Salvador de Moxó entre outros, sobresaíndo de xeito fundamental a figura de [[Claudio Sánchez Albornoz]]<ref>[http://www.youtube.com/watch?v=fvKSAkYm8eo A desaparición do Reino de Galiza na historia española]. Anselmo López Carreira, Youtube.</ref>, consolidador definitivo da ''historia nacional''; ''He consagrado muchas horas (...) a la historia del último siglo del reino godo y a su triste caida: momento decisivo para el pasado de mi patria''<ref>Pervivencia y crisis de la tradición jurídica romana en la España goda, 1ªed. 1962. p.1075.</ref>. A caida do réxime ditatorial non afectou ás sólidas bases ideolóxicas da chamada ''historia oficial'', servindo esta como base argumentativa ''tradicional'' dunha parte importante da historiografía contemporánea española igualmente nacionalista; ''aquellos españoles (...) subyugados por la morisma (...), conservaron la religión, el espiritu nacional, lustre para nuestra nación''<ref>Simonet, 1983, p.vii.</ref>.

==Notas==
{{Listaref}}

==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Reino de Galicia]].

[[Categoría:Historia de Galicia]]
[[Categoría:Reino de Galicia]]