Revision 3422418 of "Colexio Maior San Clemente" on glwiki[[Ficheiro:Colegio_Mayor_San_Clemente.jpg|miniatura|250px|Fachada do Colexio Maior San Clemente.]] O '''Colexio Maior San Clemente''' é un [[Colexio maior]] público, dependente da [[Universidade de Santiago de Compostela]] e situado na mesma cidade. == Orixes == A orixe deste Colexio maior remontase ó [[século XVI]], cando o bispo Xoán de San Clemente funda un Colexio co seu nome no que hoxe en día é o [[IES Rosalía de Castro]]. Durante a época da [[II República española|II República]], o daquela Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, [[Alejandro Rodríguez Cadarso]], encargoulle ó arquitecto [[Jenaro de la Fuente Álvarez|Jenaro de la Fuente]] un proxecto de cinco residencias de estudantes. Por motivos loxísticos, só se construíron tres das cinco planeadas: Os Colexios Maiores [[Colexio Maior Fonseca|Fonseca]] (1963), [[Colexio Maior Rodríguez Cadarso|Rodríguez Cadarso]] (1940) e o San Clemente (1942). == Organización == Este Maior conta con 41 habitacións dobres, 20 individuais, 5 dobres de invitados. Porén, o número de colexiais residentes é inferior ó de prazas dispoñibles debido a dificultades burocráticas. Ademais das habitacións, este centro conta con dúas bibliotecas, un salón de actos, unha sala de usos múltiples, unha cociña, una sala de informática e unha sala de televisión. Na actualidade este Colexio Maior atópase baixo a xurisdición da Área de Residencias, dependente do [[Vicerreitorado de Comunidade Universitaria e Compromiso Social]]. Esta institución nomea ó equipo directivo, formado pola directora e a subdirectora, e encárgase de organizar as convocatorias de admisión e renovación do centro. Da representación dos colexiais fronte á dirección, así como da organización de actividades encárgase o ''Consello Colexial'', formado por cinco membros colexiais elixidos democraticamente cada ano. Ademais, o Colexio conta cun cadro de bolseiros de colaboración que se encargan de organizar as actividades de certas áreas dentro do Maior: Aula Verde, Biblioteca, Deportes, Informática e Sociocultura. Estas bolsas son concedidas polo anterior vicerreitorado e a súa misión consiste en desenvolver as actividades contempladas nos seus proxectos. O seu traballo é remunerado coa estancia de balde e un pequeno soldo. == Actividades culturais == [[Ficheiro:Santiago aprox.1965 GDFL.jpg|miniatura|200px|O Colexio Maior San Clemente cara 1965.]] A distinción que tradicionalmente ten existido entre Residencias Universitarias e Colexios Maiores é a ampla oferta cultural destes últimos. Ademais das actividades organizadas polas diferentes bolsas, existe a ''Asociación Cultural San Clemente'', formada por membros do Maior, que todos os años, polo mes de marzo, organiza conferencias, visitas e entrega un premio ó "Personaxe Galego do Ano", galardón que nos últimos anos recibiron ilustres personaxes coma [[Avelino Pousa Antelo]], [[Ernesto Chao]] ou [[Marilar Aleixandre]]. Todos os anos, coa chegada da promoción de novatos ó Colexio, organízanse unha serie de "Novatadas" coa fin de integraren ós novatos, amosarlles a cidade e que se coñezan entre eles. Ditas novatadas son moi lixeiras e en ningún momento demasiado ofensivas cara os seus recibintes. Froito da tradición Clementina, existen dúas semanas cheas de actividades, competicións, ceas e festas. Estas semanas son "A Semana da Árbore", en decembro e "Clementinas", en primavera. == Véxase tamén == === Ligazóns externas === * [http://www.usc.es/gl/servizos/sur/residencias/clemente/ Colexio Maior San Clemente na web da USC] * [http://www.usc.es Web da Universidade de Santiago de Compostela] [[Categoría:Universidade de Santiago de Compostela]] [[Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela]] [[Categoría:Colexios maiores de España]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?oldid=3422418.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|