Revision 3451950 of "Krav maga" on glwiki

'''Krav maga''' (en {{lang-he|קרב מגע}}, loita de contacto) é un sistema de autodefensa desenvolvido precipuamente para as forzas armadas israelís. É o resultado dos estudos e das experiencias reais de [[Imi Lichtenfeld]], o cal incorporou no seu sistema os golpes e movementos de varias modalidades de loita, [[artes marciais]] ou deportes de combate.<ref>{{Cita web|lingua=portugués|url=http://www.kravmagaportugal.com/historia.html|editor=Federação Portuguesa de Krav Maga|título=História. Imi  Lichtenfeld|dataacceso=22 de marzo de 2014}}</ref><ref>{{Cita web|lingua=portugués|url=http://lutasartesmarciais.com/artigos/que-krav-maga|dataacceso=22 de marzo de 2014|editor=Lutas e Artes Marciais|título=O que é Krav Maga}}</ref>

Seguindo o mesmo paradigma das artes marciais tradicionais, o ''krav maga'' naceu como froito dunha necesidade práctica e urxente: a supervivencia no ambiente conturbado da [[década de 1940]], cando apareceu o [[nazismo]] e, tras a caída deste, o estado de [[Israel]] xurdiu. Nese escenario, manterse vivo era unha necesidade básica para a comunidade xudaica en Israel e nin sempre habería unha arma por preto, para alguén se defender. Por outro lado, o corpo humano adestrado é capaz de moitas proezas. O ''krav maga'' é froito desa percepción.<ref>{{Cita web|lingua=portugués|dataacceso=22 de marzo de 2014|url=http://www.kravmaga.com.br/?id=historia-filosofia|título=Krav maga. História}}</ref><ref>{{Cita web|lingua=hebreo|url=http://hebrew.kravmagaisraeli.com/?pageid=8|dataacceso=22 de marzo de 2014|título=>מייסד שיטת קרב מגע ישראלי<}}</ref>

As técnicas son compostas basicamente por técnicas de loita sen armas, con movementos simples e postura natural, mais tamén hai o manexo de certas armas e de todo e calquera obxecto que se poida usar como medio de defensa. Alén das técnicas, hai o desenvolvemento dunha filosofía, que anhela colocar en destaque a autoconfianza, o civismo e o respecto á vida.<ref>{{Cita web|lingua=inglés|ulr=http://knuxx.com/nm/2012/05/imi-lichtenfeld-the-man-behind-krav-maga-by-kiani-victoria-wong/|dataacceso=22 de marzo de 2014|título=Imi Lichtenfeld - The Man Behind Krav Maga|autor=Kiani Victoria Wong|editor=KNUXX}}</ref>

== Notas ==
{{listaref}}

[[Categoría:Artes marciais]]