Revision 3616884 of "Salvemos Bens" on glwiki
{{wikificar}}
'''Salvemos Bens''' é unha organización cidadá da [[A Coruña|Coruña]], que ten como obxectivo preservar, fomentar e dar a coñecer o [[parque de Bens]]. Foi creada en 2015 e funciona como organización aberta, na que calquera persoa pode colaborar.
== Historia ==
[[File:Jorge Jove y Javier Losada.jpg|thumb|[[Javier Losada]] e Jorge Jove asinando o acordo de cesión do parque]]
[[File:Carlos Negreira y Jorge Jove.jpg|thumb|[[Carlos Negreira]] con Jorge Jove tras reanudar o proxecto do museo en Bens]]
En 2009, o alcalde da cidade [[Javier Losada]], asinou coa fundación Jorge Jove un acordo mediante o cal, o concello lle cedía á fundación 100 000 m² de terreo do parque público de Bens, a cambio de que a fundación construíse un museo de coches clásicos que tiña en propiedade a fundación. O complexo, amais do museo, contemplaba a creación dun taller privado onde os propietarios de coches clásicos puidesen levalos a reparar, un ciclo de [[formación profesional]] e varias pistas para coches. Ademais o acordo contemplaba a ampliación do parque.
O proxecto foise demorando por mor das dificultades do proxecto, tanto técnicas -o parque esta sobre o antigo vertedoiro do mesmo nome, que foi selado e habilitado como parque tras o seu derrubamento, dificultando a construción-, como de índole legal -o parque é solo rústico protexido, estando prohibida a construción nel, polo que para construír habería que modificar o [[Plan Xeral de Ordenación Municipal]]-. O abandono do proxecto acrecentouse trala derrota de Javier Losada nas [[Eleccións municipais de 2011 en Galicia|eleccións municipais de 2011]], mais en febreiro de 2015 o alcalde [[Carlos Negreira]] anunciou a sua intención de retomar o proxecto do museo.<ref>http://www.eldiario.es/galicia/parque-corunes-Bens-circuito-automovilistico_0_362914774.html</ref>
Foi aquí cando un grupo de usuarios do parque, ante a noticia do comenzo próximo das obras no parque, crean en Facebook el grupo "Salvemos el Parque de Bens" co obxetivo de que o museo non se construise en Bens.<ref>https://reforestacoruna.wordpress.com/2015/03/30/no-es-solo-un-parque-un-articulo-de-cris-rodriguez-de-salvemos-el-parque-de-bens</ref>
Con ise obxetivo comenzan unha serie de reunions con distintos grupos municipais, expoñendo a súa postura e buscando o apoio de estes para a consecución do seu obxectivo. Finalmente,conseguen o apoio do [[Bloque Nacionalista Galego]], nese momento a tercera forza na cidade, e da Marea Atlántica, que nese momento afrontaba as súas primeiras eleccións, nas que finalmente fariase coa alcaldía.
A pesares de este bo comezo, o futuro do parque parecía abocado a construcción do museo, xa que as duas primeiras forzas da cidade eran favorables a construcción do museo, e realmente pouca xente na cidade coñecia o parque, e o proxecto do museo.
Paralelamente crease unha recollida de sinaturas en Change.Org, contra a construcción do museo, que nun mes recolleu case 2000.
===Campaña #SalvemosBens===
Debido ao caracter participativo do grupo, e a cantidade de aportacións e ideas que rexistrabanse no grupo,decidiuse a creación dunha páxina paralela o grupo, onde exporianse as accións do grupo e as deliberacións e quedadas, materializandose esta o 7 de abril.<ref>https://www.facebook.com/salvemos.bens</ref><ref>https://reforestacoruna.wordpress.com/2015/03/30/no-es-solo-un-parque-un-articulo-de-cris-rodriguez-de-salvemos-el-parque-de-bens</ref>
A páxina tivo un grande éxito dende o comezo,1500 seguidores unironse a primeira semana, e serviu para relanzar a recollida de sinaturas que levaba estancada varias semanas,na primeira semana da páxina, sumaronse case 2500 sinaturas, acadandose o obxetivo marcado de 5000.
Sen embargo, co apoio do Grupo Naturalista Habitat, quen publicou a recollida na súa páxina nacional, aumentouse o obxetivo a 10000 asinantes, obxetivo que finalmente non foi conseguido.
A pesares do fracaso neste último obxetivo, o grupo seguiu adiante, e empezou unha campaña de presencia mediatica á que chamou #SalvemosBens, coa intención de concienciar a cidadania da inconvenencia de construir o complexo no [[parque de Bens]] e meter o tema nas cercanas eleccions municipais, que harian de celebrarse o 24 de maio, apenas un mes despois do lanzamento da páxina.
A campaña comenzou coa creación dun video propagandistico onde mostrabase o proxecto, presentandolo coma unha ameaza para o parque. Este video conseguiu moito alcance, e permitiu chegar a moita xente que non coñecia o caso.<ref>http://www.srperro.com/blog_perro/miles-de-personas-se-movilizan-para-salvaguardar-el-mayor-parque-publico-de-coruna</ref>
A partir do video, a presenza de Salvemos Bens incrementouse, apareceron na radio, abrironse contas en outras redes sociais como [[twitter]] e [[instagram]] , e empezou unha campaña de creación de cateis e publicidade; Tamen estaba prevista a venda de camisolas, pero finalmente a previsible pouca aceptación levou os lideres da organización a desechala.
Comenzouse a elaborar un mensaxe clara sobre as pretensións da organización sostenida por duas ideas principais;primeiramente apostando fortemente por unha ubicación alternativa para o museo, e segundo falando da viabilidade de Bens, denunciouse a deixadez do concello ao non intentar fomentar o parque tal e como estaba (non habia liña de autobus e gran parte da cidadania descoñecia a existencia do parque)
Fixose ver tamen na marcha pola represión, organizada por varios colectivos, no que constituiu a primeira aparición na prensa de Salvemos Bens (ata agora todo era online, salvo unha pequena intervención nunha emisora local).<ref>http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/04/26/colectivos-sociales-manifiestan-represion/950288.html</ref>[[File:Xulio Ferreiro Salvemos Bens.jpg|thumb|El candidato [[Xulio Ferreiro]] con un miembro de Salvemos Bens]]
Pero o que verdadeiramente catapultou á primeira plana a Salvemos Bens foi unha quedada que fixo duas semanas antes das eleccións, o 10 de maio.Nesta quedada leuse por vez primeira o manifesto da organización, e xerou unha grande expectación mediatica, ademáis da presenza do candidato da Marea Atlantica e posterior alcalde [[Xulio Ferreiro]], quen con isa acción fixo patente a súa determinación de paralizar a construcción do complexo no [[parque de Bens]] e buscar outra localización alternativa.[[File:Estefanía torres Bens.jpg|thumb|La eurodiputada de podemos en el parque de Bens con el grupo Salvemos Bens]]<ref>http://mareatlantica.org/a-marea-con-salvemos-bens/</ref> <ref>http://praza.gal/movementos-sociais/9438/salvemos-bens-critica-que-negreira-engane-ocultando-o-impacto-sobre-o-parque/</ref>
O grupo, grazas a mediación do circulo de Podemos de A Coruña, conseguiu, que a eurodiputada de esa formación, [[Estefanía Torres]] visitase o parque, trala visita acompañada por alguns dos lideres da formación, comprometeuse a examinar o caso, e, incluso levalo ao [[parlamento europeo]].
En total, a campaña tivo un impacto estimado de 30000 persoas, e conseguiuse movilizar a unha veintena de asociacións tanto animalistas como naturalistas, exemplo de estas serían [[Asociación Naturalista Libera]], [[ADEGA]], [[Elviña Non se Vende]], [[Reforesta Coruña]].
Ademáis a campaña conseguiu aumentar o número de visitantes ao parque, facendo cada vez máis insostible o argumento presentado a favor da construcción do museo, que era o pouco público do parque.
[[File:Salvemos Bens maria pita.jpg|thumb|Foto de la reunión de Salvemos Bens en Maria Pita co alcalde, Xulio Ferreiro]]
===Tras as eleccions===
Tras as eleccións, o panorama contrario a Salvemos Bens cambiou radicalmente, pasou de ter só o apoio do grupo de Bloque no pleno municipal, a ter unha maioria holgada favorable a súa actuación e os seus obxectivos. Esto debeuse en gran parte a irrupción da Marea Atlantica con 10 concelleiros, pero tamén coa mudanza de parecer do [[PSOE]] (antaño defensor do proxecto en Bens), que comenzou defender a construcción do museo noutro lugar. Finalmente a día de hoxe só o [[Partido Popular]] oponse a construcción do museo fora de Bens.
Mostra de esta crecente influencia da organización no concello foi o feito de que a primeira reunión que concedeu Xulio Ferreiro como alcalde, foi a Salvemos Bens<ref>http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2015/06/22/habra-museo-parque-bens/00031434965716698349720.htm</ref>, a quen comunicou a sua decisión de paralizar o museo en Bens e pediulles colaboración e ideas para fomentar o parque, amen de prometer unha liña de bus que unera o parque co resto da cidade, unha das reclamacións do grupo.
Así Salvemos Bens convertiuse nunha organización independente que ten coma obxectivo promover e protexer o parque de Bens, pero mantenendo unha esencia participativa, na que calquera pode aportar ideas.<ref>http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/06/25/bens-vende-museo/970043.html</ref>
==Manifesto==
O manifesto foi elborado polo grupo e leido por primeira vez na quedada celebrada polo grupo o 10 de maio, neste manifesto criticase a cesión de espazo público para unha persoa privada, faise hincapie na existencia doutros lugares dentro da cidade onde podese construir o museo, critica o engano que estaba a facer o concello co proxecto,sen consultar aos cidadans, e rexeita a construcción xa que ocuparía todo o espazo útil do parque, deixando só a parte máis excarpada e inacesibel.
<blockquote>MANIFESTO. En defensa do Parque de Bens.
O pasado mes de febreiro o alcalde da Coruña, Carlos Negreira anunciou a creación dun Museo da Automoción nos terreos do Parque de Bens; terreos que pasan de ser propiedade municipal e de uso público, a ocupados cunha entidade privada que cobrará pola entrada nas instalacións.
Esta actuación implica o uso de 107.000 metros cadrados do actual parque e, a pesar dos anuncios municipais sobre a escasa repercusión da ocupación -unha quinta parte do terreo-, significa a práctica destrucción do entorno. A construcción do museo según o plan presentado ocupará a totalidade da superficie útil e tan só deixará libre aquelas zonas que debido ás características orográficas ocupan pendentes de difícil asentamento, ou aquelas outras cuxo subsolo corresponde ao antigo vertedeiro e se atopan en proceso de compactación. Ademais a influencia sobre o entorno, ao incorporar dentro do plan pistas de quads, motos e todoterreos que xerarán entre outros efectos contaminación acústica, convertirase nun lastre para o seu futuro adecuamento.
Dende Salvemos Bens maniféstase a frontal oposición a este proxecto na medida en que:
A. Non consideramos ética a actitude dun alcalde (e nisto se inclúe tanto ao exalcalde Javier Losada como ao actual Carlos Negreira) que "regala" á familia Jove un terreo que é de uso e disfrute dos coruñeses e que representa unha das poucas zonas verdes da cidade. Este regalo realízase incumplindo promesas electorais e sen ter en conta a opinión dos cidadáns. Vai tamén acompañado por subvencións procedentes das arcas municipais para estudios previos de viabilidade.
B. Non aceptamos como coherente que se pretenda enganar á opinión pública minimizando o impacto dunha obra que rematará co obxectivo principal de esa zona, é dicir, ser un exemplo de rexeneración ecolóxica e medioambiental, que de feito foi inaugurada no Día Mundial do Medio Ambiente no ano 2.001 e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
C. Os terreos do Parque de Bens foron definidos por un informe independente encargado polo propio Concello da Coruña como sector afectado en gran medida por posibles accidentes debido á súa cercanía a Refinería de Repsol, co cal se sinalaba que "non de debería permitir a construcción". Lamentablemente, o goberno municipal decideu ignorar o informe e encargar outro máis propicio ás súas pretensións.
D. Por último, consideramos innecesario e provocador que o lugar escollido polos responsables do Museo conleve todos os problemas citados cando na cidade da Coruña existen espazos utilizables que non xerarían os efectos negativos denunciados.
Igualmente queremos clarexar que o noso único obxectivo é a protección dun lugar público constituído no seu día como zona verde, de lecer, e deportivo. Non buscamos ningún interese que non sexa o que abertamente reclamamos e de tal maneira tampouco somos contrarios á construcción do "Museo da Automoción" -sempre que sexa noutro lugar-, nin a posible cesión de terreos para o mesmo -sempre que se respecte a participación cidadá na toma de decisións-, nin as subvencións que recibe este proxecto por parte do Ministerio de Industria ou outros organismos -temática que lóxicamente non entra dentro da nosa incumbencia-.
Por unha cidade máis ecolóxica, habitable e comprometida.
SALVEMOS O PARQUE DE BENS."</blockquote>
==Polémicas==
* Tras o anuncio de [[Xulio Ferreiro]] de paralizar o complexo, houbo unha grande discusión, debido ás acusacións do [[Partido Popular]] e de persoas favorables a construcción do museo de non consultar a todas as partes implicadas no proceso, e de so complacer a un grupo reducido de persoas.
* Despois do anuncio, o diario a [[opinión de a coruña]] publicou un artigo chamado "Bens se vende sin museo"<ref>http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/06/25/bens-vende-museo/970043.html</ref> no que se falaba de 15 propostas que Salvemos Bens propuña no seu enderezo web<ref>http://salvemosbens.ga/</ref> e levantaron forte polemica debido a algunas propostas coma crear un refuxio para burros ou distintos alquileres, que non foron ben vistas despois da frontal oposición do grupo ao museo
==Referencias==
<ref>https://reforestacoruna.wordpress.com/2015/03/30/no-es-solo-un-parque-un-articulo-de-cris-rodriguez-de-salvemos-el-parque-de-bens/</ref>
<ref>http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/06/25/bens-vende-museo/970043.html</ref>
<ref>http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2015/06/22/habra-museo-parque-bens/00031434965716698349720.htm</ref>
<ref>http://praza.gal/movementos-sociais/9438/salvemos-bens-critica-que-negreira-engane-ocultando-o-impacto-sobre-o-parque/</ref>
<ref>http://mareatlantica.org/a-marea-con-salvemos-bens/</ref>
<ref>http://equoacoruna.proyectoequo.org/2015/04/17/equo-apoia-a-plataforma-salvemos-bens/</ref>
<ref>http://www.srperro.com/blog_perro/miles-de-personas-se-movilizan-para-salvaguardar-el-mayor-parque-publico-de-coruna</ref>
<ref>https://www.change.org/p/ayuntamiento-de-a-coru%C3%B1a-en-contra-de-la-construcci%C3%B3n-del-museo-de-la-automoci%C3%B3n-en-el-parque-de-bens-de-la-coru%C3%B1a</ref>
<ref>http://salvemosbens.ga/</ref>
<ref>https://www.facebook.com/salvemos.bens</ref>
[[Categoría:Asociacións de Galicia]]
[[Categoría:A Coruña]]All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?oldid=3616884.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|