Revision 3662746 of "Salvemos Bens" on glwiki{{wikificar}}
'''Salvemos Bens''' é unha organización cidadá da [[A Coruña|Coruña]], que ten como obxectivo preservar, fomentar e dar a coñecer o [[parque de Bens]]. Foi creada en 2015 e funciona como organización aberta, na que calquera persoa pode colaborar.
== Historia ==
En 2009, o alcalde da cidade [[Javier Losada]], asinou coa fundación Jorge Jove un acordo mediante o cal, o concello lle cedía á fundación 100 000 m² de terreo do parque público de Bens, a cambio de que a fundación construíse un museo de coches clásicos que tiña en propiedade a fundación. O complexo, amais do museo, contemplaba a creación dun taller privado onde os propietarios de coches clásicos puidesen levalos a reparar, un ciclo de [[formación profesional]] e varias pistas para coches. Ademais o acordo contemplaba a ampliación do parque.
O proxecto foise demorando por mor das dificultades do proxecto, tanto técnicas -o parque esta sobre o antigo vertedoiro do mesmo nome, que foi selado e habilitado como parque tras o seu derrubamento, dificultando a construción-, como de índole legal -o parque é solo rústico protexido, estando prohibida a construción nel, polo que para construír habería que modificar o [[Plan Xeral de Ordenación Municipal]]-. O abandono do proxecto acrecentouse trala derrota de Javier Losada nas [[Eleccións municipais de 2011 en Galicia|eleccións municipais de 2011]], mais en febreiro de 2015 o alcalde [[Carlos Negreira]] anunciou a sua intención de retomar o proxecto do museo.<ref>http://www.eldiario.es/galicia/parque-corunes-Bens-circuito-automovilistico_0_362914774.html</ref>
Foi aquí cando un grupo de usuarios do parque, ante a noticia do comenzo próximo das obras no parque, crean en Facebook el grupo "Salvemos el Parque de Bens" co obxetivo de que o museo non se construise en Bens.<ref>https://reforestacoruna.wordpress.com/2015/03/30/no-es-solo-un-parque-un-articulo-de-cris-rodriguez-de-salvemos-el-parque-de-bens</ref>
Con ise obxetivo comenzan unha serie de reunions con distintos grupos municipais, expoñendo a súa postura e buscando o apoio de estes para a consecución do seu obxectivo. Finalmente,conseguen o apoio do [[Bloque Nacionalista Galego]], nese momento a tercera forza na cidade,-quen presenta un recurso contra o PXOM para evitar a súa modificación<ref>http://bng.gal/cidadedacorunha/2015/06/23/o-bng-lembra-o-seu-posicionamento-en-contra-da-construcion-do-museo-da-automocion-no-parque-de-bens/</ref>- e da Marea Atlántica, que nese momento afrontaba as súas primeiras eleccións, nas que finalmente fariase coa alcaldía.
A pesares de este bo comezo, o futuro do parque parecía abocado a construcción do museo, xa que as duas primeiras forzas da cidade eran favorables a construcción do museo, e realmente pouca xente na cidade coñecia o parque, e o proxecto do museo.
Paralelamente crease unha recollida de sinaturas en Change.Org, contra a construcción do museo, que nun mes recolleu case 2000.
===Campaña #SalvemosBens===
Debido ao caracter participativo do grupo, e a cantidade de aportacións e ideas que rexistrabanse no grupo,decidiuse a creación dunha páxina paralela o grupo, onde exporianse as accións do grupo e as deliberacións e quedadas, materializandose esta o 7 de abril.<ref>https://www.facebook.com/salvemos.bens</ref><ref>https://reforestacoruna.wordpress.com/2015/03/30/no-es-solo-un-parque-un-articulo-de-cris-rodriguez-de-salvemos-el-parque-de-bens</ref>
A páxina tivo un grande éxito dende o comezo,1500 seguidores unironse a primeira semana, e serviu para relanzar a recollida de sinaturas que levaba estancada varias semanas,na primeira semana da páxina, sumaronse case 2500 sinaturas, acadandose o obxetivo marcado de 5000.
Sen embargo, co apoio do Grupo Naturalista Habitat, quen publicou a recollida na súa páxina nacional, aumentouse o obxetivo a 10000 asinantes, obxetivo que finalmente non foi conseguido.
A pesares do fracaso neste último obxetivo, o grupo seguiu adiante, e empezou unha campaña de presencia mediatica á que chamou #SalvemosBens, coa intención de concienciar a cidadania da inconvenencia de construir o complexo no [[parque de Bens]] e meter o tema nas cercanas eleccions municipais, que harian de celebrarse o 24 de maio, apenas un mes despois do lanzamento da páxina.
A campaña comenzou coa creación dun video propagandistico onde mostrabase o proxecto, presentandolo coma unha ameaza para o parque. Este video conseguiu moito alcance, e permitiu chegar a moita xente que non coñecia o caso.<ref>http://www.srperro.com/blog_perro/miles-de-personas-se-movilizan-para-salvaguardar-el-mayor-parque-publico-de-coruna</ref>
A partir do video, a presenza de Salvemos Bens incrementouse, apareceron na radio, abrironse contas en outras redes sociais como [[twitter]] e [[instagram]] , e empezou unha campaña de creación de cateis e publicidade; Tamen estaba prevista a venda de camisolas, pero finalmente a previsible pouca aceptación levou os lideres da organización a desechala.
Comenzouse a elaborar un mensaxe clara sobre as pretensións da organización sostenida por duas ideas principais;primeiramente apostando fortemente por unha ubicación alternativa para o museo, e segundo falando da viabilidade de Bens, denunciouse a deixadez do concello ao non intentar fomentar o parque tal e como estaba (non habia liña de autobus e gran parte da cidadania descoñecia a existencia do parque)
Fixose ver tamen na marcha pola represión, organizada por varios colectivos, no que constituiu a primeira aparición na prensa de Salvemos Bens (ata agora todo era online, salvo unha pequena intervención nunha emisora local).<ref>http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/04/26/colectivos-sociales-manifiestan-represion/950288.html</ref>[[File:Xulio Ferreiro Salvemos Bens.jpg|thumb|O candidato [[Xulio Ferreiro]] cu membro de Salvemos Bens]]
Pero o que verdadeiramente catapultou á primeira plana a Salvemos Bens foi unha quedada que fixo duas semanas antes das eleccións, o 10 de maio.Nesta quedada leuse por vez primeira o manifesto da organización, e xerou unha grande expectación mediatica, ademáis da presenza do candidato da Marea Atlantica e posterior alcalde [[Xulio Ferreiro]], quen con isa acción fixo patente a súa determinación de paralizar a construcción do complexo no [[parque de Bens]] e buscar outra localización alternativa.[[File:Estefanía torres Bens.jpg|thumb|A eurodiputada [[Estefanía Torres]] no parque de Bens]]<ref>http://mareatlantica.org/a-marea-con-salvemos-bens/</ref> <ref>http://praza.gal/movementos-sociais/9438/salvemos-bens-critica-que-negreira-engane-ocultando-o-impacto-sobre-o-parque/</ref>
O grupo, grazas a mediación do circulo de Podemos de A Coruña, conseguiu, que a eurodiputada de esa formación, [[Estefanía Torres]] visitase o parque, trala visita acompañada por alguns dos lideres da formación, comprometeuse a examinar o caso, e, incluso levalo ao [[parlamento europeo]].
En total, a campaña tivo un impacto estimado de 30000 persoas, e conseguiuse movilizar a unha veintena de asociacións tanto animalistas como naturalistas, exemplo de estas serían [[Asociación Naturalista Libera]], [[ADEGA]], [[Elviña Non se Vende]], [[Reforesta Coruña]].
Ademáis a campaña conseguiu aumentar o número de visitantes ao parque, facendo cada vez máis insostible o argumento presentado a favor da construcción do museo, que era o pouco público do parque.
[[File:Salvemos Bens maria pita.jpg|thumb|Reunión de Salvemos Bens en Maria Pita co alcalde, [[Xulio Ferreiro]]]]
===Tras as eleccions===
Tras as eleccións, o panorama contrario a Salvemos Bens cambiou radicalmente, pasou de ter só o apoio do grupo de Bloque no pleno municipal, a ter unha maioria holgada favorable a súa actuación e os seus obxectivos. Esto debeuse en gran parte a irrupción da Marea Atlantica con 10 concelleiros, pero tamén coa mudanza de parecer do [[PSOE]] (antaño defensor do proxecto en Bens), que comenzou defender a construcción do museo noutro lugar. Finalmente a día de hoxe só o [[Partido Popular]] oponse a construcción do museo fora de Bens.
Mostra de esta crecente influencia da organización no concello foi o feito de que a primeira reunión que concedeu Xulio Ferreiro como alcalde, foi a Salvemos Bens<ref>http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2015/06/22/habra-museo-parque-bens/00031434965716698349720.htm</ref>, a quen comunicou a sua decisión de paralizar o museo en Bens e pediulles colaboración e ideas para fomentar o parque, amen de prometer unha liña de bus que unera o parque co resto da cidade, unha das reclamacións do grupo.
Así Salvemos Bens convertiuse nunha organización independente que ten coma obxectivo promover e protexer o parque de Bens, pero mantenendo unha esencia participativa, na que calquera pode aportar ideas.<ref>http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/06/25/bens-vende-museo/970043.html</ref>
==Manifesto==
[[File:Lectura manifiesto Bens.JPG|thumb|Lectura do manifiesto no Parque de Bens]]
O manifesto foi elborado polo grupo e leido por primeira vez na quedada celebrada polo grupo o 10 de maio, neste manifesto criticase a cesión de espazo público para unha persoa privada, faise hincapie na existencia doutros lugares dentro da cidade onde podese construir o museo, critica o engano que estaba a facer o concello co proxecto,sen consultar aos cidadans, e rexeita a construcción xa que ocuparía todo o espazo útil do parque, deixando só a parte máis excarpada e inacesibel.
==Polémicas==
* Tras o anuncio de [[Xulio Ferreiro]] de paralizar o complexo, houbo unha grande discusión, debido ás acusacións do [[Partido Popular]] e de persoas favorables a construcción do museo de non consultar a todas as partes implicadas no proceso, e de so complacer a un grupo reducido de persoas.
* Despois do anuncio, o diario a [[opinión de a coruña]] publicou un artigo chamado "Bens se vende sin museo"<ref>http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/06/25/bens-vende-museo/970043.html</ref> no que se falaba de 15 propostas que Salvemos Bens propuña no seu enderezo web<ref>http://salvemosbens.ga/</ref> e levantaron forte polemica debido a algunas propostas coma crear un refuxio para burros ou distintos alquileres, que non foron ben vistas despois da frontal oposición do grupo ao museo
==Referencias==
<ref>https://reforestacoruna.wordpress.com/2015/03/30/no-es-solo-un-parque-un-articulo-de-cris-rodriguez-de-salvemos-el-parque-de-bens/</ref>
<ref>http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/06/25/bens-vende-museo/970043.html</ref>
<ref>http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2015/06/22/habra-museo-parque-bens/00031434965716698349720.htm</ref>
<ref>http://praza.gal/movementos-sociais/9438/salvemos-bens-critica-que-negreira-engane-ocultando-o-impacto-sobre-o-parque/</ref>
<ref>http://mareatlantica.org/a-marea-con-salvemos-bens/</ref>
<ref>http://equoacoruna.proyectoequo.org/2015/04/17/equo-apoia-a-plataforma-salvemos-bens/</ref>
<ref>http://www.srperro.com/blog_perro/miles-de-personas-se-movilizan-para-salvaguardar-el-mayor-parque-publico-de-coruna</ref>
<ref>https://www.change.org/p/ayuntamiento-de-a-coru%C3%B1a-en-contra-de-la-construcci%C3%B3n-del-museo-de-la-automoci%C3%B3n-en-el-parque-de-bens-de-la-coru%C3%B1a</ref>
<ref>http://salvemosbens.ga/</ref>
<ref>https://www.facebook.com/salvemos.bens</ref>
[[Categoría:Asociacións de Galicia]]
[[Categoría:A Coruña]]All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?oldid=3662746.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|