Revision 3947213 of "Atnag" on glwiki

{{Aviso|'''Artigo sen [[Wikipedia:Criterios de notoriedade|relevancia]] enciclopédica aparente.'''}}
[[Ficheiro:Atnag.png|miniatura|Atnag, [[software libre]] para crear actividades educativas para [[educación infantil]].]]
Atnag é un programa de autor realizado polo francés [[Gérard Sellés]]. Unha ferramenta que funciona baixo [[Linux]] e permite crear diferentes tipos de actividades [[educación|educativas]], especialmente indicadas para o alumnado de [[educación infantil]] e o primeiro ciclo de [[educación primaria]]. Foi traducido ao galego por [[Xosé Antón Vicente Rodríguez]].

==Actividades==
*Esponxa: Para deseñar unha actividade coa que acadar destreza no manexo do [[rato (informática)|rato]], borrando ou cubrindo un debuxo.
*Clic: Para seguir mellorando a destreza co rato sobre un elemento, xa sexa desprazándoo ou facendo clic co botón esquerdo.
*Memoria: Para atopar figuras idénticas abríndoas de dúas en dúas.
*Memoria 2: Asociando as cartas con un son ou texto (moi interesante na aprendizaxe de [[lingua estranxeira|linguas estranxeiras]]).
*Intruso: Atopar entre doce elementos aquel que non é igual aos demais.
*Dominó: Permite deseñar un xogo no que o alumnado debe completar ou construír as dúas caras dun conxunto de dominó.
*Número (cantidade): Hai que contar o número de elementos da pantalla.
*Número (relación): Cómpre atopar os valores de todas as caras do dominó que corresponden co valor que indica o dado, tirado ao chou.
*Caída (letras-números): Débese impedir que as letras, sílabas, palabras ou números que descendan toquen o chan, premendo antes a letra, sílaba, palabra ou número no teclado.
*Xeoformas: Consiste en construír e colorear un debuxo dado con figuras xeométricas (círculos, cadrados, triángulos), segundo o modelo proposto.
*Formas e cor: Atopar a través dunha serie de debuxos construídos por formas xeométricas -divididas en catro partes e coloreada cada zona- unha forma concreta segundo as cores que a constitúen.
*Labirinto: O alumno terá que moverse utilizando as frechas de dirección no labirinto. Hai varias opcións para este xogo.
*A oca: O alumno terá que moverse no taboleiro do [[xogo da oca]], segundo o número de casiñas determinado por unha tirada aleatoria.
*Seleccionar (tamaño): Para atopar nun conxunto de elementos o obxecto concreto segundo a orde dada.
*Clasificar (tamaño): Débese clasificar un conxunto de elementos segundo a orde dada.
*Test: Hai que escoller unha resposta entre varias, para cada unha das preguntas propostas.
*Letras e números: Consiste en facer desfilar unha serie de fotos, premendo a primeira letra do obxecto representado para poder pasar á seguinte.
*Cadro de dobre entrada: Cómpre acertar unha serie de asociacións nun cadro de dobre entrada.
*[[Crebacabezas]]: Deberase construír un crebacabezas. Diferentes posibilidades como asociar sons, ordenar secuencias...
*Colorear 1: Colorear libremente ou segundo a orde dada.
*Colorear 2: Con etiquetas, reproducir un debuxo de modelo, ordenar frases,...
*Relacionar 1: Para establecer relacións segundo diferentes criterios: círculo-óvalo, cor, dentro-fóra.
*Relacionar 2: Relacións segundo varios criterios: Valores.
*Lectura: Permite a clasificación dos nomes das imaxes por letras, sílabas, [[fonema]]s, asociación, [[ortografía]], plurais.
*Bits I: A partir deste motor é posible aplicar na aula o [[método de estimulación temperá]] de [[Glenn Doman]]. Imaxes e texto.
*Bits II: Bits de intelixencia e contos.
*Bits III: Contos con texto.
*Bits IV: Aprendizaxe de conceptos matemáticos de cantidade e resta de cantidades.
*Bits V: suma ou resta.

==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
*[http://www.atnag.org/ Páxina principal] {{Ligazón morta}}
*[http://www.cor-edux.org/modules.php?op=modload&name=dpHtml&file=tdm/ Documentación] {{Ligazón morta}}
*[http://www.cor-edux.org/mailman/listinfo/ATNAG-usuarios-es/ Lista de distribución en español de usuarios de Atnag] {{Ligazón morta}}
*[http://engalego.blogspot.com/2007_02_01_archive.html Blog do tradutor ao galego]

[[Categoría:Aplicacións]]