Revision 4015373 of "Sochin" on glwiki

{{Técnica de arte marcial
|nome           = Sochin
|imaxe          = 
|imaxe_nota     = 
|orixinal       = {{lang|ja|壯鎭}}
|outras_grafias = 
|significado    = 
|outras_linguas = 
|arte_marcial   = [[Karate]]
|estilo         = [[Naha-te]]
|orixe          = {{CHN}}
|creador        = [[Seisho Aragaki]]
|data           = 
|colaborador    = 
|categoria      = [[Kata (karate)|Kata]]
|escopo         = 
|baseamento     = 
|derivacion     = 
|correlacion    = 
|variacion      = 
|version        = 
}}
{{nihongo|'''Sochin'''|壯鎭}} é un [[kata (karate)|kata]] do [[karate]], cuxa orixe non é coñecida, pero é sabido que o mestre [[Seisho Aragaki]], do estilo [[Naha-te]], practicábao, e nesta súa versión foi ensinado a outros grandes mestres e fundadores doutros estilos, como [[Kanryo Higaonna]]. De toda sorte, aínda havendo dúbida sobre súa orixe, crese que fose introducido en [[Okinawa]] coma repetición ou adaptación dunha forma que era adestrada na [[República Popular da China|China]], por causa das técnicas e de seu ritmo de execución.<ref name="ref1">{{cita web|lingua=eslovaco|título=Sochin|dataacceso=26 de agosto de 2016|url=http://www.karateweb.sk/index.php?p=sochin}}</ref>

== Historia ==
O mestre Seisho Aragaki, do estilo Naha-te, porque era fluente en [[Lingua chinesa|chinés]] e por causa das súas funcións públicas, eventualmente tivo que viaxar ata a China, cando aproveitou para aprender técnicas de [[Wushu|chuan]] fa. Así, no conxunto de técnicas que mestre Aragaki apredendeu certamente que levou ata Okinawa o kata ''sochin'', que reuniría as técnicas do estilo do Dragón. Pero, tamén pódese dicir que compila carácteres do estilo da Garça Branca.<ref name="ref1"/>

Cóntase, en ton anedótico, que a introdución do kata polo estilo se deu cando o mestre Funakoshi enviou seus máis graduados estudantes ata o ''Sensei'' Kenwa Mabuni — creador do estilo [[Shito-ryu]] — e, ao retornar ao [[dojo]], fixeron as adaptacións debidas para o facer respectar o escopo da escola.

Porén, máis correcto é que a adaptación foi levada a cabo por Yoshitaka Funakoshi, fillo do fundador do estilo. Por outro lado, debido ás discrepancias entre a forma practicada no estilo Shito-ryu e no [[Shotokan]], pódese especular que se tratan de técnicas distinguidas ou hai moi separadas da matriz común que mantiveron soamente o nome ou aínda que mestre Aragaki ensinase o kata a un mestre cando aínda en desenvolvemento e a outro cando xa acabado.

Sensei Funakoshi pretendía renomealo para ''Hakko''.<ref>{{cita web|lingua=inglés|url=http://shotokankaratecsl.com/Kata%2020%20-%20Sochin.html|título=Sochin|dataacceso=26 de agosto de 2016}}</ref>

Promove aínda máis o caos neste tema unha terceira versión do ''kata'', practicada no estilo [[Chito-ryu]], que, posto que sexa moito máis próxima daquela do estilo Shito-ryu, non garda moita similitude de movementos.<ref name="ref1"/>

== Características ==
Na versión do estilo do mestre Mabuni, o kata Sochin é executado precipuamente na postura nekoashi dachi. Na do Shotokan, na base fudo dachi. Xa no estilo Chito-ryu, marca a proximidade coo o Shito-ryu a técnica de sayu zuki.<ref name="ref1"/>

== Referencias ==
<div class="reflist references-small" style="-moz-column-count: 2;"><references /></div>
[[Categoría:Kata do karate]]