Revision 4162431 of "Dosen" on glwiki

{{Ampliar}}
'''Dosen''' (en {{lang-ja|路線}}) é o termo que, no ámbito das artes marciais xaponesas, designa o concepto dunha traxectoria ideal, que un golpe ou unha técnica debe percorrer a partir do seu punto de saída até o de chegada, é dicir, é un modelo de traxecto que o membro do practicante de artes marciais, ou mesmo o seu corpo enteiro, debe seguir.<ref>{{cita libro|lingua=italiano|título=Del karatedo. Pensieri e configurazioni sulla pratica del karatedo|nome=Ciro|apelidos=Varone|localización=Trento|editor=UNI Service|ano=2009|páxina=55}}</ref><ref name="ref1">{{cita libro|lingua=italiano|título=Bubishi. La bibbia del karate|nome=Patrick|apelidos=McCarthy|localización=Roma|editor=Mediterranee|ano=2000}}</ref>

Este modelo, mesmo que non sexa exactamente seguido nunha situación real, precisa ser perseguido durante os adestramentos, pois bosquexa o camiño no cal hai a mellor relación entre o uso da enerxía e a eficiencia do resultado. Todas as técnicas, sexa un desprazamento, unha esquiva, unha defensa, un ataque etc., posúen o seu deseño ideal.<ref>{{cita web|lingua=castelán|url=http://www.shotokaikaratedo.org/ASE/vocabulario.html|título=Vocabulario Fundamental|dataacceso=31 de outubro de 2014}}</ref><ref name="ref2">{{cita web|url=http://www.efdeportes.com/efd158/karate-biomecanica-dos-golpes-do-kumite.htm|lingua=portugués|dataacceso=31 de outubro de 2014|título=Karatê shotokan: biomecânica dos golpes do kumitê de competição|autor=Nelson Kautzner Marques Junior}}</ref>

O fundamento natural da concepto ''dosen'' é o propio corpo humano, cuxa anatomía posúe as súas peculiaridades e limitacións, que impiden a realización dalgúns movementos e posturas e, aínda, fai que outros sexan moi desgastantes ou ineficientes. Deste xeito, as artes marciais recoñecen tales límites e definen que os golpes deben ser feitos dentro dunha traxectoria naturalmente posíbel e en que haxa o menor consumo de enerxía.<ref name="ref2"/><ref>{{cita libro|lingua=italiano|título=Anatomia del movimento umano. Struttura e funzione|nome1=Derek|apelidos1=Field|nome2=Nigel|apelidos2=Palastanga|nome3=‎Roger|apelidos3=Soames|editor=Penerbit Buku Kompas|localización=Milano|edición=5|ano=2007|páxina=87}}</ref>

Acontece, así, que poden existir diversas técnicas co mesmo obxectivo, pero teñen características distinguidas, como maior ou menor velocidade, maior ou menor potencia, todo dependendo da parte do corpo que é usada.<ref name="ref1"/>

== Notas ==
{{listaref}}

{{Tai sabaki}}

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Artes marciais do Xapón]]