Revision 4483261 of "Jay Leno" on glwiki

[[Ficheiro:JayLenoJul08.jpg|miniatura|Jay Leno en 2008]]
'''James Douglas Muir''' "'''Jay'''" '''Leno''', nado o [[28 de abril]] de [[1950]] <ref name="NYTBIO">{{Cita novas|url = http://movies.nytimes.com/person/1548610/Jay-Leno/biography|title = Jay Leno Biography|accessdate = 3/1/2011|work = [[The New York Times]]}}</ref> en [[New Rochelle, New York|New Rochelle]] é un humorista satírico e presentador de [[televisión]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]].

== Traxectoria ==

De 1992 a 2009, sucedendo a [[Johnny Carson]] na [[NBC]], Leno foi o presentador do talk show nocturno ''[[The Tonight Show with Jay Leno]]'' pero en setembro de 2009 comezou a presentar un talk show en horario de máxima audiencia ''[[The Jay Leno Show]]'', porén cancelouse en xaneiro de 2010, logo de anunciar a cadea que se debía atrasar das 22:00 ás 23:35, pola baixa audiencia e pola petición de emisoras afiliadas<ref>[http://latimesblogs.latimes.com/entertainmentnewsbuzz/2010/01/future-for-nbcs-the-jay-leno-show-is-up-in-the-air.html Joe Flint e Matea Gold ''Jay Leno may regain 'Tonight Show''', ''Los Angeles Times'', 7 de xaneiro de 2010]</ref>, o que implicaba que o programa de [[Conan O'Brien]] tiña que se atrasar media hora, o que provocou tirapuxas entre os seguidores dos dous presentadores <ref>[http://www.nytimes.com/2010/01/14/arts/television/14fans.html?_r=1 ''In Leno vs. O’Brien, Fans Show Allegiance Online'', ''New York Times'', 13 de xaneiro de 2010]</ref> After ''The Jay Leno Show'' was canceled in January 2010 amid a [[2010 Tonight Show conflict|host controversy]], deixando O'Brien a cadea e volvendo Leno a presentar ''The Tonight Show with Jay Leno'' a partir do 1 de marzo de 2010.<ref name="thewrap">{{Cita web |url=http://www.thewrap.com/ind-column/new-nbc-breaking-story-13241 |title=Exclusive: Conan, NBC Officially Splitsville (Updated) |first=Josef |last=Adalian |date=January 21, 2010 |work=The Wrap |accessdate=January 21, 2010 }}</ref>. Leno tamén participou na dobraxe de ''The Fairly OddParents'' dándolle a voz a Crimson Chin e Nega-Chin

===Colección de vehículos===
[[Ficheiro:JayLenoCar.jpg|miniatura|Leno chegando aos ''[[45º Primetime Emmy Awards]]'' no seu [[Hispano-Suiza]] Aero<ref>[http://www.jaylenosgarage.com/video/clips/update-1915-hispano-suiza-aero-engine-car/1186522/ Update: 1915 Hispano-Suiza Aero Engine Car] (video), jaylenosgarage.com</ref>]]

Leno posúe aproximadamente 286 vehículos (169 automóbiles e 117 motocicletas).<ref>[http://www.jaylenosgarage.com/the-cars/ The Cars], jaylenosgarage.com</ref> Tamén ten unha páxina web e un program de televisión chamado ''[[Jay Leno's Garage]]'', que contén vídeos e fotos dos seus automóbiles en detalle, así como outros vehículos do seu interese.<ref>{{Cita web|url = http://www.jaylenosgarage.com|title = Jay Leno's Garage|website= jaylenosgarage.com}}</ref> O Director do Leno's Garage é Bernard Juchli.<ref>{{Cita web|url = http://totalcarmagazine.com/features/2013/04/06/ja_leno_garage_pt1/|title = Which way to Jay Leno’s Garage?| website= TotalCarMagazine.com}}</ref>  Entre a súa colección hai dous [[Doble (automóvil de vapor)|Doble]]s, un sedán e un roadster que eran propiedade de [[Howard Hughes]], e un dos nove [[Chrysler Turbine Car]] que quedaban de 1963.

Ten unha columna regular ''[[Popular Mechanics]]'' na que exhibe a súa colección de coches e dá consellos sobre diversos asuntos de automoción, restauración e modelos únicos, tales como a súa motocicleta jet-powered e o híbrido solar. Leno tamén escribe artigos ocasionais "Motormouth" para ''[[The Sunday Times]]'',<ref>{{Cita novas|accessdate=May 11, 2008| url= http://driving.timesonline.co.uk/tol/life_and_style/driving/article1746609.ece|title= Jay Leno's million dollar garage |work= The Times|date=May 9, 2007 | location=London | first=Michael | last=Moran}}</ref> repasando os autos deportivos de gama alta e aportando o seu toque humorístico nos temas de motor.

== Notas ==
{{Listaref}}

{{Control de autoridades}}

{{ORDENAR:Leno, Jay}}
[[Categoría:Actores do estado de Nova York]]
[[Categoría:Humoristas dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Presentadores de televisión]]
[[Categoría:Actores de cine dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Nados en 1950]]
[[Categoría:Nados no condado de Westchester, Nova York]]