Revision 5040479 of "Xabier de Paz" on glwiki{{Biografía}}
'''Xavier de Paz López-Novoa''', nado na [[A Coruña|Coruña]] en [[1963]], é un [[compositor]] [[Galiza|galego]] e membro fundador da [[Asociación Galega de Compositores]].
==Vida==
{{copyvio|1=http://jonde.mcu.es/directores/compositor02.asp}}
De Paz comezou os seus estudos musicais no [[Conservatorio Superior de Música de A Coruña]] en [[1980]], continuándoos nos conservatorios de [[Santiago de Compostela]] e [[Madrid]]. Asiste a varios cursos de Composición e Análise con Joan Guinjoan e traballa con Zbigniew Rudzinski e Franz Hummel nos 37 e 38 Internationale Jugenfestspieltreffen Bayreuth, Alemaña.
Bolsado pola Deputación Provincial de A Coruña, estudou composición con [[Stephen Gryc]] e [[James Sellars]] na ''Hartt School of Music'', University of Hartford ([[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]), onde completou un Master of Music en Composición, Cursos de Música Electrónica e Composición por ordenador.
En [[decembro]] de [[1993]] gañou o Primeiro Premio da sétima edición dos Premios SGAE para novos compositores coa obra ''"Sentado sobre un golfo de sombra"'', estreada no [[Auditorio Nacional de Música de Madrid]] polo grupo LIM, con dirección de [[José Vicent Egea]].
En [[abril]] de [[1994]] gañou o Premio Edward Diemente da Hartt School of Music, University of Hartford.
En [[1996]] foi bolsado polo Ministerio de Asuntos Exteriores na Academia Española de Historia, Arqueoloxía e Belas Artes de [[Roma]].
En [[outubro]] de [[1997]] gañou a primeira edición do Premio Andrés Gaos coa obra “Das Ausencias I”.
Foi compositor residente da [[Joven Orquesta Nacional de España]] (JONDE) no ano [[1997]].
Colaborou co ''Instituto Complutense de Ciencias Musicales'' na edición crítica das zarzuelas ''"Los sobrinos del capitán Grant"'' de [[Manuel Fernández Caballero|Caballero]], "Bohemios" de Vives, "El barbero de Sevilla" de Nieto e Gimenez, "La leyenda del beso" e "La del Soto del Parral" de Soutullo e Vert e ''"Pan y toros"'' e ''"Mis dos mujeres"'' de [[Francisco Asenjo Barbieri|Barbieri]], estas últimas conxuntamente co [[musicoloxía|musicólogo]] [[Emilio Casares Rodicio]].
==Obra==
Xabier de Paz ten un extenso catálogo, sobre todo nos xéneros sinfónico e camerístico. No primeiro ámbito, ten escrito obras como ''"Arianna no labirinto"'' ([[1986]]) e ''"O mencer dos soños"'' ([[2000]]), sendo esta última escollida para representar ao [[Estado español]] na [[Exposición Universal]] de [[Hannover]] ([[Alemaña]]) e que foi gravada pola [[Real Filharmonía de Galicia]]. Entre as súas obras para pequena agrupación, ocupa un papel destacado ''"Epris d'un vain songe"'' ([[1991]]).
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
* [http://jonde.mcu.es/directores/compositor02.asp Información de Xavier de Paz na web da JONDE] {{es}}
{{Control de autoridades}}
{{ORDENAR:de Paz, Xavier}}
[[Categoría:Nados en 1963]]
[[Categoría:Nados na Coruña]]
[[Categoría:Compositores de Galicia]]All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?oldid=5040479.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|