Revision 5146934 of "Resiliencia" on glwiki

==A resiliencia (Psicoloxía)==
===1.Etimoloxía da palabra.===
A palabra resiliencia provén do termo resilio “volver atrás”.

Dita palabra ten dous significados:

O primeiro, termo adoptado pola psicoloxía, refírese á capacidade das persoas para superar
situacións negativas.

O segundo, utilizado en física ou en química, designa a capacidade do aceiro para recuperar
a súa forma tras un golpe.

===2.Que é a resiliencia dentro da psicoloxía?===
A resiliencia como un termo utilizado no ámbito de psicoloxía refírese á capacidade que teñen
as persoas para enfrontar e superar as adversidades da vida, así como,para aprender delas
evitando que inflúan dun xeito negativo.

Considérase unha competencia especialmente relevante en persoas que viviron ou están
a vivir algunha experiencia traumática na súa vida, tendo maior influencia se o feito traumático
transcorre ou transcorreu na primeira infancia.
Ademais,a presenza ou falta desta competencia é notable na forma de pensar, sentir, percibir
e manexar os sucesos negativos que vive unha persoa.

===3.A Resiliencia como terapia psicolóxica===
====3.1.Obxectivos xerais do desenvolvemento dunha boa resiliencia====
A formación nesta competencia ten un dobre obxectivo: a prevención e a corrección. A prevención lógrase desenvolvendo o potencial necesario para superar con éxito futuras
situacións de crise interna.Por outra banda, a corrección lograse xerando habilidades e recursos para fortalecer e superar
experiencias físicas e psicolóxicas adversas que xa pasaron.

====3.2.Bases da terapia====
A resiliencia é un factor necesario co que se traballa en calquera acción dirixida a unha persoa
que sofre ou sufriu maltrato, xa que, a través desta, desenvólvese un
mecanismo que permite superar as adversidades sen problema.
Nesta terapia o obxectivo especifico radicará en conseguir que a persoa consiga: ser unha persoa totalmente autónoma,ter unha boa educación emocional,desenvolver a capacidade de resolución de problemas, ter unha proxección de futuro positiva,ter sentido do humor,desenvolver unha competencia social sa e unha boa rede social e ter unha boa autoestima.
Polo tanto, se se quere fomentar que apareza o concepto de resiliencia e con el as
características xa nomeadas, o traballo psicolóxico debe centrarse en diminuir as conductas
de:illamento, medo,tristeza, agresividade. incapacidade para comunicar sentimentos,baixa autoestima,sobrevaloración do fracaso, vergoña,culpa, depresión,ansiedade.
Por último,se se fala dos métodos para traballar a diminución das condutas nomeadas,
resaltamos as técnicas de modelaxe, xogos de relaxación, obradoiros de autoestima,
respiración e técnicas de relaxación e verbalización das «poderosas auto-afirmacións».

===Bibliografía/ Webgrafía===
Resiliencia (psicología) <nowiki><ref>[es.wikipedia.org/wiki/Resiliencia_(psicolog%C3%ADa]</nowiki>
 LA EXPERIENCIA TRAUMÁTICA DESDE LA PSICOLOGÍA POSITIVA:RESILIENCIA Y CRECIMIENTO POSTRAUMÁTICO ‹ref›[https://www.redalyc.org/html/778/77827106]