Revision 5569419 of "Motor de excitación independente" on glwiki{{Sen referencias|data=maio de 2014}}
Os '''motores de excitación independente''' son aqueles que obteñen a alimentación do [[Rotor (eléctrico)|rotor]] e do [[estator]] de dúas fontes de tensión independentes. Así, o campo do estator é constante ó non depender da carga do motor, e o [[par]] de forza é practicamente constante. As variación de velocidade ó aumentar a carga deberanse só á diminución da [[forza electromotriz]] por aumentar a caída de tensión no rotor.
As curvas características do motor a miúdo son dúas:
#A característica de velocidade nas que se representa como se modifica a velocidade de xiro en función da intensidade do inducido mentres mantense constante a intensidade de excitación.
#A característica de par, na que se representa a variación do par en función da intensidade do inducido mentres mantense constante a intensidade de excitación.
O motor de excitación independente é o máis axeitado para calquera tipo de regulación pola independencia entre o control polo indutor e o control polo inducido.
Os motores de excitación independente teñen como aplicacións industriais o torneado e taladrado de materiais, ventilación de fornos, retroceso de útiles para serrar...
== Véxase tamén ==
===Outros artigos===
* [[Motor de corrente continua]]
* [[Motor serie]]
* [[Motor shunt]]
* [[Motor compound]]
{{Seniw}}
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Motores eléctricos]]All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?oldid=5569419.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|