Revision 5569425 of "Condensador multitubular" on glwikiUn '''condensador multitubular''' é un tipo de [[condensador (termodinámica)|condensador]] que ten como obxectivo mellorar a transmisión de calor entre dous fluídos en movemento. Agrúpanse en paralelo no interior dun [[cilindro]] de grande [[diámetro]] todos os tubos destinados á circulación da auga. A condensación do fluído [[refrixerante]] faise no exterior destes tubos de auga, servindo a parte inferior como [[recipiente de líquido refrixerante]] condensado, sen que o líquido acumulado interfira na [[condensación]] dos vapores sobre o feixe de tubos. Os tubos, están separados uns doutros unhas 1,5 veces o seu diámetro exterior e van dispostos seguindo unha armazón de [[Triángulo equilátero|triángulos equiláteros]]. O circuíto de auga dos condensadores con tubos rectos pode limparse con facilidade sen ter que intervir no circuíto de fluído [[refrixerante]]. Nos condensadores que utilizan como medio arrefriador a auga do mar (como no caso dos buques) os elementos que están en contacto deberán estar formados por una [[aliaxe]] de cobre-níquel para evitar a corrosión.
==Características==
[[Ficheiro:Condensador_multitubular.gif|dereita|miniatura|220px|Partes cun condensador multitubular.]]
O condensador multitubular está formado polos seguintes elementos:
*Un corpo cilíndrico (1), chamado [[calandra (electricidade)|calandra]], construído en forma de tubo de aceiro estirado sen soldadura, ou ben, se o diámetro é demasiado grande, con chapa de aceiro dobrada e [[soldadura|soldada]]. Nos extremos laterais da calandra van soldadas dúas tapas de fondo (2) de [[aceiro]] que incorporan tantos buratos como tubos compoñen o feixe multitubular.
*Un feixe tubular (3) construído con tubos de aceiro estirado ou cobre, soldados nas tapas de fondo por onde circula a auga.
*As tomas de entrada e saída do fluído [[refrixerante]], situadas a cada extremo da calandra e en oposición unha da outra (4).
*Dúas tapas exteriores de [[fundición]] (5), ou ben formadas cada unha por unha brida de aceiro e un fondo embutido soldado na brida. Estas tapas incorporan os dispositivos cos pasos necesarios para a unión en paralelo dun número determinado de tubos co fin de que a velocidade de circulación da auga estea comprendida entre 1 e 2,5 m/s. Desta forma asegúrase un bo [[coeficiente de transmisión térmico]] global. Levan tamén incorporadas as tomas para a entrada (E) e a saída (S) da auga.
*Dúas xuntas de caucho (6) aseguran a estanquidade da auga entre as tapas e as placas tubulares.
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* {{cita libro
|apelidos= Rapin
|nome= Pierre J.
|ligazónautor=
|título= Installations frigorifiques. 2, Technologie
|ano= 1996
|editor= [Paris] : Pyc édition, 1996
|id= {{OCLC|37234395 }}
}}
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Refrixeración]]All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?oldid=5569425.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|