Revision 5606051 of "O estranxeiro" on glwiki

{{Título en cursiva}}
{{Libro
| nome                = O estranxeiro
| título orixinal     = ''L'Étranger''
| tradutor            = [[Valentín Arias]] 
| imaxe               = [[Ficheiro:Camus23.jpg|200px]]
| descrición da imaxe = Edición en francés de ''L'Étranger''
| autor               = [[Albert Camus]]
| ilustrador          = 
| artista cuberta     = 
| país                = {{FRA}}
| lingua              = [[Lingua francesa|francés]]
| colección           = 
| tema                = absurdismo ou filosofía do absurdo
| xénero              = novela
| editorial           = [[Edicións do Cumio]] 
| data publicación    = {{FRAb}} [[1942]]<br />{{GALb}} [[1991]]
| formato             =  papel
| páxinas             = 88
| id                  = 
| precedido por       = 
| seguido por         = 
}}
'''''O estranxeiro''''' (''L'Étranger'') é un libro de [[Albert Camus]] publicado en [[1942]]. Forma parte da triloxía que o propio autor denominou ''[[ciclo do absurdo]]'', que define os fundamentos da filosofía de Camus e que comprende, ademais, o [[Ensaio (literatura)|ensaio]] filosófico ''Le Mythe de Sisyphe'' ([[1942]]) e as dúas [[teatro|pezas teatrais]] ''Calígula'' ([[1939]]) e ''O malentendido'' ([[1944]]).

== Argumento ==
Nesta obra, Meursault, o protagonista do libro, un home que vive na [[Alxeria]] francesa, narra en primeira persoa algúns dos acontecementos da súa vida e mostra algunhas das súas preocupacións e pensamentos despois de recibir un telegrama onde se lle anuncia a morte da súa nai. Ó longo de toda a obra vemos como o personaxe principal, un home misterioso, frío e distante, non se conforma co establecido como “moralmente correcto”, de maneira que se sente como un extranxeiro tanto no mundo no que vive como dentro de si mesmo.

Ó comezo do libro, Meursault acode ó enterro da súa nai, que estaba nunha residencia de anciáns en Marengo. Alí chegan varios amigos da finada, os cales se amosan tristes e emocionados, pero a Mersault non lle agrada isto, xa que el non entende o porqué desas bágoas, el ve a morte como algo natural, sexa de quen sexa, por iso en ningún momento se mostra afectado pola morte da súa nai. Cando o enterro finaliza volve á cidade e, polo tanto, á súa rutina: traballo e casa, pero ó día seguinte atópase cunha antiga amiga, María, coa cal establece algo máis que amizade e que pouco despois irá vivir con el ó seu apartamento. No mesmo bloque onde o protagonista da obra vive está tamén Raimundo, un home algo violento e estraño que se fai amigo de Meursault e que lle pide consello para escribirlle unha carta na que humille a súa amante musulmá, a cal golpea e insulta violentamente á semana seguinte, polo que Raimundo é levado a comisaría. Cando sae da mesma invita a Meursault e mais a María a pasar unha fin de semana nunha casiña cun amigo que el tiña. Eles aceptan e marchan rumbo ó seu destino pero ó chegar á praia algo non pintaba ben para o grupo de amigos, en especial para Raimundo, pois alí atopábanse un grupo de árabes que querían vingarse da malleira que Raimundo lle dera á súa moza, xa que a rapaza era irmá dun deles. Raimundo precipítase e un dos árabes dispárao; Meursault colle a pistola de Raimundo e, máis tarde, un dos árabes volve de forma ameazante cunha navalla na man. Meursault saca a pistola, e ó cabo dun tempo, dispáralle ó árabe uns cantos tiros e mátao rematando así a primeira parte da obra.

No comezo da segunda parte do libro o protagonista é arrestado e interrogado pola morte do rapaz árabe. Cando o deteñen comeza a medrar máis aínda a súa indiferenza ante a vida, o único que lle di ó xuíz no momento no que é sometido a xuízo é que está aburrido e que non se arrepinte de nada, ata o punto de que no último xuízo declara que se matou o rapaz árabe foi por causa do sol. Ademais de acusalo por asasinato, o maxistrado aproveitou o feito de que o día que enterraran a súa nai non chorara nin amosara ningún tipo de sentimento para declaralo culpable. Xa no cárcere, é visitado varias veces por un capelán que intenta facerlle ver as cousas de maneira diferente, pero estas visitas resultaron inútiles tanto para o capelán, que non conseguía facelo entrar en razón, como para Meursault, que seguía amosando unha indiferenza absoluta. Meursault vaise afacendo á vida no cárcere, onde pasa os días lendo e durmindo, chegando incluso a considerar que xa non lle importaba a vida fóra da mesma. Mentres pasan os días Meursault reflexiona e pensa na posibilidade de conseguir o indulto, pero no fondo sabía que iso era algo imposible. Na última visita do capelán e xa preto do día final, o protagonista non aguanta máis e agárrao polo pescozo, dando así a entender que pouco lle importa cal sexa a resolución do xuíz e reafirmando esa actitude impasible e apática que foi mostrando ó longo de toda a obra. Ó día seguinte, cando soa a sirena, el sabe que chegaba a súa hora. Foi condenado á guillotina. Aquel foi o único momento no que Meursault mostrou os seus sentimentos, ou mellor dito, fixo uso deles, pensando na súa nai. Pero o único que desexaba realmente eran os berros da multitude no momento da súa execución.

== Adaptacións ==
* Foi levada ó cine por [[Luchino Visconti]] en [[1967]] aínda que sen moito éxito.
* Os [[irmáns Coen]] inspiráronse nesta obra para facer o seu filme "The Man Who Wasn't There" ([[2001]]).
* O grupo inglés [[The Cure]] dedicoulle a canción "[[Killing an Arab]]" a este libro.

== Traducións ==
Foi traducida a corenta idiomas, entre as que se atopa o [[esperanto]]. A tradución ó galego realizouna [[Valentín Arias]] e publicouse enr [[Edicións do Cumio]] en [[1991]]. No ano 1991, a tradución gañou o [[Premio Ramón Cabanillas de Tradución]].

{{Control de autoridades}}

{{ORDENAR:estranxeiro}}
[[Categoría:Obras narrativas en francés]]
[[Categoría:Obras literarias de 1942]]
[[Categoría:Obras traducidas do francés ao galego]]
[[Categoría:Albert Camus]]