Revision 5669915 of "Mestura" on glwiki

{{Lixo|Mestura non existe}}
<!--En [[química]], unha '''mistura''' é unha combinación de dúas ou máis substancias de maneira que non ocorre unha reacción química e cada substancia mantén a súa identidade e propiedades. Unha mestura pode ser separada por medios físicos dando os seus compoñentes orixinais: [[destilación]], [[disolución]], [[separación magnética]], [[flotación]], [[filtración]], [[extracción]], [[decantación]] ou [[centrifugación]]. Se despois de misturar algunhas substancias, non podemos recuperalas por medios físicos, é indicativo de que ocorreu unha reacción química e as substancias perderon a súa identidade: formaron substancias novas. Un exemplo dunha mistura é area con limaduras de ferro, que a primeira ollada é fácil ver que a area e o ferro manteñen as súas propiedades.

Existen dous tipos de misturas: misturas heteroxéneas e misturas homoxéneas.

== Misturas heteroxéneas ==
Mistura heteroxénea é aquela que presenta un aspecto diferente en distintas partes, unhas partes teñen distintas propiedades que outras. Está formada por dúas ou máis fases (compoñentes) que se distinguen a primeira ollada e contén cantidades diferentes dos compoñentes. 
A madeira, o granito, as rocas, area e auga, aceite e auga, a sopa de verduras, as ensaladas son exemplos de misturas heteroxéneas.

As misturas heteroxéneas son misturas formadas por substancias visiblemente diferentes, ou de fases diferentes, e presentan un aspecto non uniforme. Un exemplo é o granito. As partes dunha mistura heteroxénea poden ser separadas por [[filtración]], [[decantación]] e por [[magnetismo]]. Nas misturas heteroxéneas podemos distinguir cinco tipos de misturas:

* Suspensión grosa: Misturas heteroxéneas formadas por partículas dun sólido, de tamaño non pequeno, que se dispersan nun medio líquido. 
* [[Suspensión (química)|Suspensións]]: Misturas heteroxéneas formadas por un sólido, de pequeno tamaño, pero visibles ó microscopio, que se dispersan nun medio líquido. 
* [[Coloide]]s: temos un coloide cando nunha mistura as partículas dispersas non pode verse cun microscopio pero si cun ultramicroscopio, atravesan os poros dun filtro ordinario, pero son retidas por un ultrafiltro. O outro compoñente acadaría un tamaño atómico/molecular.. Entre os coloides atopamos a maionesa, xelatina, fume do tabaco e o deterxente disolto en auga. 
* [[Dispersión coloidal|Sol]]: Estado diluído da mistura, pero non chega a ser líquido, tal é o caso das cremas, espumas etc. 
* [[Xel]]: Estado con maior cohesión que a fase Sol, chegando a ter un aspecto semisólido pero non chega a ser un estado sólido, por exemplo a xelea.

== Separación de misturas ==
As misturas heteroxéneas pódense separar por: [[filtración]] , [[sedimentación]] , [[decantación]], [[Sublimación (física)|sublimación]] etcétera.

A filtración é unha técnica, proceso tecnolóxico ou operación unitaria de separación, pola cal faise pasar unha mistura de sólidos e fluídos, gas ou líquido, a través dun medio poroso ou medio filtrante que pode formar parte dun dispositivo denominado filtro, onde se retén da maior parte do ou dos compoñentes sólidos da mistura.

A decantación é un método físico de separación de mesturas especial para separar misturas heteroxéneas, estas poden ser exclusivamente líquido - líquido ou sólido - líquido. A decantación baséase na diferenza de densidade entre os dous compoñentes, que fai que deixados en repouso, ambos se separen ata situarse o máis denso na parte inferior do envase que os contén. Desta forma, podemos baleirar o contido por arriba.

A sedimentación é o proceso polo cal o material sólido, transportado por unha corrente de auga, deposítase no fondo do río, encoro, canle artificial, ou dispositivo construído especialmente para tal fin. Toda corrente de auga, caracterizada polo seu caudal, velocidade e forma da sección, ten unha capacidade de transportar material sólido en suspensión. O cambio dalgunha destas características da corrente pode facer que o material transportado poida sedimentarse.

A sublimación (do latín sublimare) é o proceso que consiste no cambio de estado da materia sólida ao estado gasoso sen pasar polo estado líquido. Pódese chamar da mesma forma ao proceso inverso, ó paso directo do estado gasoso ó estado sólido, pero é máis apropiado referirse a esa transición como sublimación inversa ou regresiva. Un exemplo clásico de substancia capaz de sublimarse é o xeo seco.

== Misturas homoxéneas ==
As misturas homoxéneas son misturas que teñen unha aparencia uniforme, non se diferencian os seus compoñentes ou substancias que forman a mistura. Moitas misturas homoxéneas son comunmente chamadas disolucións. As partículas destas son tan pequenas que non é posible distinguilas visualmente.

Mistura homoxénea é aquela que só presenta unha fase, ten o mesmo aspecto e as mesmas propiedades por calquera parte dela e non ven as partículas que a forman.

Existen cinco tipos de misturas homoxéneas que son:

* sólido - sólido 
* líquido - sólido 
* líquido - líquido 
* gas - líquido 
* gas - gas

As características das misturas homoxéneas son: 
* o seu aspecto uniforme (homoxéneo)en todas as súas partes, 
* os seus compoñentes non se distinguen a primeira ollada nin con microscopio, 
* non sedimentan, 
* atravesan todos os filtros, e 
* os seus compoñentes pódense separar por métodos físicos.

{{control de autoridades}}

[[Categoría:Química]]-->