Revision 5725425 of "Mestura" on glwiki

{{Sen referencias|data=decembro de 2016}}
En [[química]], unha '''mestura''' é unha combinación de dúas ou máis substancias de maneira que non ocorre unha reacción química e cada substancia mantén a súa identidade e propiedades. Unha mestura pode ser separada por medios físicos dando os seus compoñentes orixinais: [[destilación]], [[disolución]], [[separación magnética]], [[flotación]], [[filtración]], [[extracción]], [[decantación]] ou [[centrifugación]]. Se despois de mesturar algunhas substancias, non podemos recuperalas por medios físicos, é indicativo de que ocorreu unha reacción química e as substancias perderon a súa identidade: formaron substancias novas. Un exemplo dunha mestura é area con limaduras de ferro, que a primeira ollada é fácil ver que a area e o ferro manteñen as súas propiedades.

Existen dous tipos de mesturas: mesturas heteroxéneas e mesturas homoxéneas.

== Mesturas heteroxéneas ==
Mestura heteroxénea é aquela que presenta un aspecto diferente en distintas partes, unhas partes teñen distintas propiedades que outras. Está formada por dúas ou máis fases (compoñentes) que se distinguen a primeira ollada e contén cantidades diferentes dos compoñentes. 
A [[madeira]], o [[granito]], as [[rocas]], [[area]] e [[auga]], [[aceite]] e [[auga]], a sopa de verduras, as ensaladas son exemplos de mesturas heteroxéneas.

As mesturas heteroxéneas son mesturas formadas por substancias visiblemente diferentes, ou de fases diferentes, e presentan un aspecto non uniforme. Un exemplo é o granito. As partes dunha mestura heteroxénea poden ser separadas por [[filtración]], [[decantación]] e por [[magnetismo]]. Nas mesturas heteroxéneas podemos distinguir cinco tipos de mesturas:

* Suspensión grosa: Mesturas heteroxéneas formadas por partículas dun sólido, de tamaño non pequeno, que se dispersan nun medio líquido. 
* [[Suspensión (química)|Suspensións]]: Mesturas heteroxéneas formadas por un sólido, de pequeno tamaño, pero visibles ó microscopio, que se dispersan nun medio líquido. 
* [[Coloide]]s: temos un coloide cando nunha mestura as partículas dispersas non pode verse cun microscopio pero si cun ultramicroscopio, atravesan os poros dun filtro ordinario, pero son retidas por un ultrafiltro. O outro compoñente acadaría un tamaño atómico/molecular. Entre os coloides atopamos a [[maionesa]], [[xelatina]], fume do tabaco e o deterxente disolto en auga. 
* [[Dispersión coloidal|Sol]]: Estado diluído da mestura, pero non chega a ser líquido, tal é o caso das cremas, espumas etc. 
* [[Xel]]: Estado con maior cohesión que a fase Sol, chegando a ter un aspecto semisólido pero non chega a ser un estado sólido, por exemplo a xelea.

== Separación de mesturas ==
As mesturas heteroxéneas pódense separar por: [[filtración]], [[sedimentación]] , [[decantación]], [[Sublimación (física)|sublimación]], etc.

A filtración é unha técnica, proceso tecnolóxico ou operación unitaria de separación, pola cal faise pasar unha mestura de [[sólidos]] e [[fluídos]], [[gas]] ou [[líquido]], a través dun medio poroso ou medio filtrante que pode formar parte dun dispositivo denominado filtro, onde se retén da maior parte do ou dos compoñentes sólidos da mestura.

A decantación é un método físico de separación de mesturas especial para separar mesturas heteroxéneas, estas poden ser exclusivamente líquido - líquido ou sólido - líquido. A decantación baséase na diferenza de densidade entre os dous compoñentes, que fai que deixados en repouso, ambos se separen ata situarse o máis denso na parte inferior do envase que os contén. Desta forma, podemos baleirar o contido por arriba.

A sedimentación é o proceso polo cal o material sólido, transportado por unha corrente de auga, deposítase no fondo do [[río]], [[encoro]], [[canle artificial]], ou [[dispositivo]] construído especialmente para tal fin. Toda corrente de auga, caracterizada polo seu caudal, velocidade e forma da sección, ten unha capacidade de transportar material sólido en suspensión. O cambio dalgunha destas características da corrente pode facer que o material transportado poida sedimentarse.

A sublimación (do latín ''sublimare'') é o proceso que consiste no cambio de estado da materia sólida ao estado gasoso sen pasar polo estado líquido. Pódese chamar da mesma forma ao proceso inverso, ó paso directo do estado gasoso ó estado sólido, pero é máis apropiado referirse a esa transición como sublimación inversa ou regresiva. Un exemplo clásico de substancia capaz de sublimarse é o xeo seco.

== Mesturas homoxéneas ==
As mesturas homoxéneas son mesturas que teñen unha aparencia uniforme , non se diferencian os seus compoñentes ou substancias que forman a mestura. Moitas mesturas homoxéneas son comunmente chamadas disolucións. As partículas destas son tan pequenas que non é posible distinguilas visualmente.

Mestura homoxénea é aquela que só presenta unha fase, ten o mesmo aspecto e as mesmas propiedades por calquera parte dela e non ven as partículas que a forman.

Existen cinco tipos de mesturas homoxéneas que son:

* sólido - sólido 
* líquido - sólido 
* líquido - líquido 
* gas - líquido 
* gas - gas

As características das mesturas homoxéneas son: 
* o seu aspecto uniforme (homoxéneo)en todas as súas partes, 
* os seus compoñentes non se distinguen a primeira ollada nin con microscopio, 
* non sedimentan, 
* atravesan todos os filtros, e 
* os seus compoñentes pódense separar por métodos físicos.

{{control de autoridades}}

[[Categoría:Química]]