Revision 6001572 of "Ecotipo" on glwiki[[Ficheiro:Ecotypes_of_Physcomitrella_patens.JPG|dereita|miniatura|224x224px|Catro diferentes ecotipos de ''[[Physcomitrella patens]]'' ]]
== Bioloxía ==
En [[bioloxía]] un '''ecotipo''' é unha subpoboación [[Xenética|xeneticamente]] diferenciada que está restrinxida a un hábitat específico, un ambiente particular ou un [[ecosistema]] definido, cuns límites de tolerancia aos factores ambientais. O ecotipismo é unha forma de variación asociada ao medio e non implica necesariamente a separación de poboacións en áreas xeográficas illadas entre si. En opinión dalgúns ecólogos o termo é algo ambiguo. É unha mesma especie que en ambientes diferentes teñen unha expresión fenotípica distinta pola interacción dos xenes co medio ambiente.
[[Ficheiro:Killer_Whale_Types.jpg|thumb|As [[Candorca|candorcas]] (''Orcinus orca'') para algúns biólogos distribúense en distintos ecotipos, mentres para outros constitúen especies ou subespecies distintas.<ref>{{Cita web|título="Why are there so many different types of killer whales?"|url=https://www.eaglewingtours.com/articles/killer-whale-ecotypes-explained-nutshell/|páxina-web=Eagle Wing Tours|data=2016-06-24|data-acceso=2022-02-26|lingua=en-US}}</ref>]]
== Arquitectura ==
En [[arquitectura]], '''ecotipo''' é o tipo de edificación adaptada ao clima da súa contorna e construída con materiais autóctonos, moi propio da [[arquitectura]] popular tradicional. Actualmente, a que resulta de aplicar os criterios de [[Sostibilidade|sustentabilidade]] nunha contorna determinada.
== Antropoloxía ==
En [[antropoloxía]], ecotipo é igual a [[paisaxe]], transformación da natureza para aproveitar mellor os recursos.
== Notas ==
{{listaref}}
== Véxase tamén ==
* [[Arquitectura sustentábel]]
* Arquitectura bioclimática
* [[Especie en anel]]
{{Control de autoridades}}All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?oldid=6001572.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|