Revision 6001988 of "Ecotipo" on glwiki

[[Ficheiro:Ecotypes_of_Physcomitrella_patens.JPG|miniatura|224x224px|Catro diferentes ecotipos de ''[[Physcomitrella patens]]'' ]]
[[Ficheiro:Killer_Whale_Types.jpg|thumb|224x224px|As [[Candorca]]s (''Orcinus orca'') para algúns biólogos distribúense en distintos ecotipos, mentres para outros constitúen especies ou subespecies distintas.<ref>{{Cita web|título="Why are there so many different types of killer whales?"|url=https://www.eaglewingtours.com/articles/killer-whale-ecotypes-explained-nutshell/|páxina-web=Eagle Wing Tours|data=2016-06-24|data-acceso=2022-02-26|lingua=en-US}}</ref>]]
== Bioloxía ==
En [[bioloxía]] un '''ecotipo''' é unha subpoboación dunha especie dada, adaptada a un medio de [[vida]] preciso, a un [[solo]], [[clima]] ou contorno biolóxico, como consecuencia dunha selección natural prolongada.<ref>{{Cita web|título=bUSCatermos|url=https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm;jsessionid=167C61C12BD6222E7F2A4309F3FDC009|páxina-web=aplicacions.usc.es|data-acceso=2022-02-26}}</ref> É esa poboación de plantas ou animais [[Xenética|xeneticamente]] diferenciada nun hábitat específico, un ambiente particular ou un [[ecosistema]] definido, cuns límites de tolerancia aos factores ambientais.  

O ecotipismo é unha forma de variación asociada ao medio e non implica necesariamente a separación de poboacións en áreas xeográficas illadas entre si. En opinión dalgúns ecólogos o termo é algo ambiguo. É unha mesma especie que en ambientes diferentes teñen unha expresión fenotípica distinta pola interacción dos xenes co medio ambiente. Un exemplo disto é o do [[lobo]] (Canis lupus [[Carl von Linné|L.,]] 1758) na costa central da [[Columbia Británica]]. Os datos de nichos dietéticos e de prevalencia de parasitos do lobo indican unha forte diverxencia ecolóxica entre os orientados ao mar que habitan nas illas e cuxa dieta provén nun 90% do mar, e os individuos da costa do Pacífico que interactúan principalmente con presas terrestres. Os poboadores indíxenas xa distinguían entre os dous tipos de lobos.<ref>{{Cita publicación periódica|título=Population genetic structure of gray wolves (Canis lupus) in a marine archipelago suggests island-mainland differentiation consistent with dietary niche|nome2=Erin L.|nome6=Christopher T.|apelidos5=Bryan|nome5=Heather M.|apelidos4=Paquet|nome4=Paul C.|apelidos3=Quinn|nome3=Michael S.|apelidos2=Navid|apelidos=Stronen|url=https://pubmed.ncbi.nlm.nih.gov/24915756/|nome=Astrid V.|doi=10.1186/1472-6785-14-11|volume=14|páxina=11|PMID=24915756|PMC=4050401|ISSN=1472-6785|data=2014-06-10|revista=BMC ecology|apelidos6=Darimont}}</ref> 

O termo ''ecotipo'' foi proposto en [[:it:1922|1922]] polo [[Botánica|botánico]] sueco Göte Turesson, xunto ao de ''agamospecie'' <ref>{{Cita web|título=Turesson, Göte Wilhelm ; International Plant Names Index|url=https://www.ipni.org/a/10911-1|páxina-web=www.ipni.org|data-acceso=2022-02-26}}</ref>. Un ecotipo, como tal, non é ningunha posición [[Taxonomía|taxonómica]]<ref>{{cita web|url=https://web.archive.org/web/20090618051236/http://www.biologie.uni-hamburg.de/b-online/e37/37b.htm|titolo=|editore=|lingua=en|urlmorto=|urlarchivio=|dataarchivio=|páxina-web=biologie.uni-hamburg; Fachbereich Biologie, Universität Hamburg; arquivado desde biologie.uni-hamburg.de/b-online/e37/37b.htm|título=Variación fenotípica e xenética; Ecotipos|data-acceso=18 xuño de 2009}}</ref>, porén ás veces os criterios para definir un ecotipo, subespecie ou especie diferenciados son difusos. 

== Arquitectura ==
En [[arquitectura]], '''ecotipo''' é o tipo de edificación adaptada ao clima da súa contorna e construída con materiais autóctonos, moi propio da [[arquitectura]] popular tradicional. Actualmente, a que resulta de aplicar os criterios de [[Sostibilidade|sustentabilidade]] nunha contorna determinada.

== Antropoloxía ==
En [[antropoloxía]], ecotipo é igual a [[paisaxe]], transformación da natureza para aproveitar mellor os recursos.

== Notas ==
{{listaref}}
== Véxase tamén ==

* [[Arquitectura sustentábel]]
* Arquitectura bioclimática
* [[Especie en anel]]
{{Control de autoridades}}