Difference between revisions 2435400 and 2437067 on glwiki{{Mover aos Galilibros}} Este artigo pretende explicar o procedemento de''' comentario dun texto poético''' =Introdución ó comentario de textos poéticos= Pode ser un quen de recoñece-lo autor do texto e de facer unha breve introdución inserindo a súa obra na [[historia da literatura]] e a composición na súa obra. Con todo, como isto non ten, nin sequera que ser habitual, caso de non ser coñecedor da autoría, débese proceder cando menos a # Determina-lo [[xénero literario]] # Matiza-lo subxénero ó que poida pertencer #Integra-lo poema dentro da tradición galega, hispánica e occidental. Logo de facer isto, sempre que a esta altura resulte posible, poderíase desenvolver un breve resumo, no cal que se manifeste o tema central e os motivos menos desenvolvidos que serven de complemento, contraste ou mesmo de descanso do tema central. =Esquema sobre o plano da expresión= == O compoñente métrico-fonolóxico == ===O verso=== O [[verso]] é a unidade mínima do compoñente métrico-fonolóxico dotada de sentido e que, combinada, compón a [[estrofa]] ====Tipos de verso polo número de sílabas==== * Versos simples **De [[arte menor]]: teñen até oito [[sílaba]]s. **De [[arte maior]]: teñen entre nove e once sílabas. * Versos compostos :Teñen doce sílabas ou máis. A [[cesura]] é unha pausa que se encontra aproximadamente na metade do verso. O [[hemistiquio]] é cada unha das partes en que a cesura divide o verso composto. Denomínase [[isostiquio]] cando as dúas partes teñen a mesma medida e [[heterotiquio]] cando teñen medida diferente. ====Tipos de verso pola posición do acento==== *Verso [[iámbico]]: O [[acento estrófico]] recae sobre unha sílaba par. *Verso [[trocaico]]: O acento estrófico recae sobre unha sílaba impar. Os versos poden ser [[preparoxítono]]s, [[paroxítono]]s e [[oxítonos]] segundo o acento recaia na antepenúltima, penúltima ou última sílabas. [[Ficheiro:Verso1eue.jpg|600px|right|Tipos de versos.]] ===A cantidade=== A [[cantidade]] é o cómputo métrico fonolóxico. * [[sinalefa]]: unión nunha única sílaba da sílaba final dunha palabra que termina nunha [[vogal]] coa seguinte se esta comeza por vogal (''a pa'''tria es'''quecendo'', [[Eduardo Pondal]]) * [[dialefa]]: non realización de sinalefa para adaptar así un verso a determinada medida métrica. * [[diérese]]: ruptura dun [[ditongo]] verdadeiro para adaptar a medida do verso aos anteriores ou posteriores (''Tan soamente f'''ia'''das'', Pondal) * [[sinérese]]: formación dun ditongo inexistente (''Das fillas de Br'''eo'''gán'', Pondal). * [[aférese]]: supresión dunha sílaba ao principio de palabra (''¡Rosalía! ¡ña Nai!, [[Cabanillas]]). * [[prótese]]: adición dunha sílaba ao principio de palabra ('''''a'''namorado'', [[Curros Enríquez]]). * [[Síncope (lingüística)|síncopa]]: supresión dunha sílaba no medio da palabra (''non vin '''soio''', miña xoia'', [[Rosalía]]). * [[epéntese]]: adición dunha sílaba no medio da palabra (''... o '''voxo''' constante'', por ''voo'', Pondal). * [[apócope]]: supresión dunha sílaba no fin da palabra. * [[paragoxe]]: adición dunha sílaba no fin da palabra (''Todo é folgar'''e''''', Rosalía). * [[anacruse]]: sílabas febles, anteriores ao primeiro apoio rítmico do verso simple ou de cada hemistiquio composto, que poden non ser computadas ('''''envol'''veito en brancuras recentes de liño'', Cabanillas). [[Ficheiro:Cantidade1eue.jpg|600px|right|A cantidade.]] ===O acento=== * Acento estrófico: É o acento que aparece sempre na penúltima sílaba da última palabra do verso. * Acentos rítmicos: Son os demais acentos do verso que coinciden co estrófico ao recaer en sílaba par ou ben impar. * Acentos extrarítmicos: Son os acentos contiguos a un acento rítmico. :''a'': átona; ''t'': tónica. * Acento [[iámbico]]: a-t. ''O sol na corda está enterrado'' ([[X. M. Díaz Castro]]) * Acento [[trocaico]]: t-a. ''Uces e toxeiras nas estrelas'' ([[Eduardo Moreiras]]) * Acento [[dactílico]]: t-a-a. ''San Benitiño de Coba de lobo'' (Popular) * Acento [[anfibráquico]]: a-t-a. ''As cóchegas brandas, as litas alegres'' ([[Rosalía de Castro|Rosalía]]) * Acento [[anapéstico]]: a-a-t. ''Víndeo ver como bule cós dedos'' (Rosalía) * [[Verso de gaita galega]]: acento na terceira e novena no [[decasílabo]] ou na cuarta e décima no [[hendecasílabo]]. [[Ficheiro:Acento1eue.jpg|600px|right|O acento.]] ==='''Tipos de hendecasílabos'''=== # Hendecasílabo ITALIANO: Acento na 4ª, 8ª e 10ª # Hendecasílabo ENFÁTICO: Acento na 1ª, 6ª e 10ª # Hendecasílabo HEROICO: Acento na 2ª, 6ª e 10ª # Hendecasílabo MELÓDICO: Acento na 3ª, 6ª e 10ª # Hendecasílabo SÁFICO: Acento na 1ª, 4ª, 6ª ou 8ª e 10ª # Hendecasílabo Á FRANCESA: Acento na 4ª sobre palabra aguda, 6ª ou 8ª e 10ª # PENTASÍLABO ADÓNICO: 1ª e 4ª ==='''A pausa rítmica'''=== # Pausa rítmica INICIAL: É a que se encontra ó inicio do primeiro verso da estrofa ou do poema # Pausa rítmica VERSAL: Aparece ó remata-lo verso cando posúe este esticomitia # Pausa rítmica ESTRÓFICA: Pausa que separa as estrofas # Pausa rítmica FINAL TOTAL: Encóntrase ó finaliza-lo poema # BRAQUISTIQUIO: Pausa verbal que aparece co encabalgamento abrupto ==='''O ton'''=== O ton dun verso é un fenómeno que se relaciona estreitamente coa lonxitude do mesmo posto que canto maior sexa o número de sílabas métricas que posúa o verso o ton será máis grave, solemne e cerimonioso, e cantas menos teña o ton será máis áxil e dinámico. ==='''Esticomitia'''=== Axuste que existe entre a construción sintáctica e o verso (É o contrario ó encabalgamento) (Unha oración ocupa un verso) ==='''Encabalgamento, rima e estrofa'''=== ====Encabalgamento==== Denomínase [[encabalgamento]] ao desaxuste existente entre a pausa rítmica e a constución sintáctica (unha [[Oración (gramática)|oración]] ocupa máis dun verso). O '''verso encabalgante''' é o que inicia o encabalgamento e o '''verso encabalgado''' é o que o finaliza. Fálase de '''encabalgamento abrupto''' cando o verso encabalgante termina antes da quinta sílaba métrica do verso encabalgado. Ao acontecer isto aparece inmediatamente unha pausa verbal denominada [[braquistiquio]]. Fálase de '''encabalgamento suave''' cando o verso encabalgante chega até a quinta sílaba ou o sobrepasa. '''Encabalgamento léxico''' é a fragmentación dunha palabra que se continúa no verso seguinte. ====Rima==== [[Ficheiro:Verso2eue.jpg|600px|right|Tipos de versos.]] Dependendo dos sons que riman, a rima pode ser: * [[rima asonante]], cando só coinciden as vogais. * [[rima consonántica]], cando coinciden os son vocálicos e os consonánticos. * [[rima libre]], cando ningún verso coincide no seu esquema de rima. Dependendo dos versos que riman entre si, a rima pode ser: * [[rima abrazada]]: abba ou ABBA * [[rima cruzada]]: abab ou ABAB * [[rima continua]]: AAA, bbbb * [[rima xemea]]: AA BB CC DD * [[rima encadeada]]: ABA BCB CDC DED Fálase de [[rima interna]] cando unha palabra interior do verso presenta coincidencia rimática coa final. ====Estrofas==== '''Estrofas isométricas''' son aquelas cuxos versos miden o mesmo número de sílabas e '''estrofas heterométricas''' son aquelas que presentan dous ou máis versos de distinto número de sílabas. ==='''Tipos de estrofas'''=== {|border ="1" |- ! Número<br />de versos ! Estrofa ! Estrutura da estrofa |- | 2 | [[Pareado]] | AA / aA / Aa / aa |- | rowspan="3" | 3 | [[Terceto]] | A-A |- | [[Soledad]] | a-a rima asonante |- | [[Tercerilla]] | a-a rima consonante |- | rowspan="9" | 4 | [[Cuarteto]] | ABBA |- | Cuarteto de lira | (11-7) aBaB |- | [[Redondilla]] | abba |- | [[Cuarteta]] | abab |- | [[Serventesio]] | ABAB |- | [[Seguidilla]] | (7-11) -a-a |- | [[Caderna vía]] | 4 [[alexandrino]]s monorrimos |- | [[Estrofa alcaica]] | 4 versos, 3 decasílabos, pero o terceiro eneasílabo |- | [[Estrofa sáfica]] | 3 hendecasílabos sáficos + un pentasílabo adónico |- | rowspan="3" | 5 | [[Quintilla]] | aabab (e variantes) |- | [[Quinteto]] | AABAB (e variantes) |- | [[Lira]] | /7-11) aBabB |- | rowspan="5" | 6 | [[Sexta rima]] | ABABCC |- | [[Sexteto]] paralelo | AAB CCB |- | Sexteto romántico | Aab Ccb |- | Sexteto-lira | aBaBcC |- | [[Sextilla]] | aab aab |- | rowspan="3" | 7 | [[Setina]] | Sete versos de arte menor |- | [[Sétima]] | Sete versos de arte maior |- | Seguidilla con bordón | o 1º, 3º e 6º heptasílabos, o resto pentasílabos. Asonante |- | rowspan="4" | 8 | [[Oitava real]] | (11) ABABABCC |- | [[Oitava italiana]] | igual ao anterior. O 4º e o 8ª son agudos e ás veces heptasílabos |- | [[Copla]] de arte maior | (12) ABBA ACCA |- | Copla de arte menor | (8) abba acca |- | rowspan="2" | 10 | [[Décima]] irregular | ABBA ABA BBB |- | Décima espinela | abba acc bcc |- | 12 | | Composta de 2 sextilla de octosílabos |- | rowspan="2" | ? | Copla de pé quebrado | 4, 6, 8, 10 ou 12 versos que combinan sucesivamente dous octosílabos e un tetrasílabo. Rima variábel. |- | [[Estancia]] | (7-11) |- |} [[Ficheiro:Estrofa1eue.jpg|600px|right|Tipos de versos.]] ==='''Tipos de poemas'''=== # [[Muiñeira]]: Serie ilimitada de versos de gaita galega. # [[Vilancio]]: Versos de arte menor. Esta estrofa presenta primeiro un [[estribillo]] denominado cabeza, máis un pé de seis ou sete versos composto por unha [[mudanza]], un verso de enlace, e unha volta e unha represa. Os dous últimos versos riman con todo o estribillo ou coa súa parte final. # [[Glosa]]: Texto breve comentado ou desenvolvido noutro máis extenso. # [[Soneto]]: Dous cuartetos e dous tercetos. # Soneto con estrambote: soneto máis unha ou máis estrofas de tres versos: Un [[heptasílabo]] e dous hendecasílabos. # [[Sonetillo]]: Soneto de arte menor. # [[Rondel]]: Serie de estrofas denominada verse, mais outra final a xeito de [[envoi]], organizado de maneira variable, pero sempre repetitiva. # [[Cosaute]]: Serie ilimitada de pareados entre os que se repite un breve estribillo. Imprecisamente tense chamado cantiga paralelística. # [[Cantiga de refrán]]: Serie ilimitada de estrofas breves unidas pola rima dun curto estribillo. Na lírica medieval opúñanse a [[cantiga de mestría]]. # [[Romance]]: Serie ilimitada de versos [[octosílabo]]s con [[rima asonante]] nos pares. # [[Romancillo]]: Romance de versos con menos de oito sílabas. # [[Romance heroico]]: Romance de versos de arte maior. # [[Silva (poesía)|Silva]]: Serie ilimitada de hetasílabos e hendecasílabos con [[rima consonante]], na cal ás veces se introducen [[verso solto|versos soltos]]. =='''O compoñente morfosintáctico'''== Ó inicia-la segunda parte do comentario, teremos que analizar en primeiro lugar o estilo. Denominase estilo, á forma particular de escribir de cada autor. Tamén se entende por estilo, cando ó longo del, van aparecendo novas informacións que complementan a información inicial da que se partía. O estilo debe de ser analizado en dúas vertentes: [[Estilo Progresivo]]: Un texto posúe un estilo, cando ó longo del, van aparecendo novas informacións, que complementan a información inicial da que se partía. [[Estilo non progresivo]]: Son aqueles textos nos cales se repite constantemente a mesma idea inda que estea expresada con palabras diferentes. Amais disto, deberemos distinguir se é un [[Estilo nominal]]: Aquel que presenta unha maior abundancia de substantivos e adxectivos e unha menor abundancia de formas verbais. O estilo nominal favorece a aparición do subxectivo nun texto. Grazas ós adxectivos toma relevancia o descritivo facéndose a composición máis lenta e menos dinámica ca nos textos que posúen estilo verbal. [[Estilo verbal]]: Son aqueles textos en que predominan as formas verbais. O estilo verbal caracterízase por ser obxectivo, e é un estilo áxil, máis dinámico có nominal. Ó comentar un texto, debemos analizar detidamente a frecuencia ou non con que aparecen as clases de palabras máis importantes (subs., adx., verbos, pron.,) comenzando a análise por: ===Substantivos=== Deberemos analiza-los seguintes aspectos: -A súa escaseza ou abundancia posto que se son escasos poden favorece-la aparición do estilo verbal e se son abundantes confirman o estilo nominal -Deberemos analizar se son substantivos concretos (tendencia descritiva) ou se abstractos (amor, dor, morte,...) que favorecerán a aparición de sentimentos subxectivos, conectados cos elementos líricos do poeta. -Convén reagrupa-los substantivos presentes no texto, os chamados campos léxicos (grupos de substantivos que posúen algunha característica común) -A presenza de sufixos pode traer consigo matices expresivos. Os aumentativos aportan un ton irónico, burlesco. Os despectivos, trazos negativos. Os diminutivos, disposición positiva de tipo afectiva e en moitas ocasións tratan de realza-la función poética do texto. ===Adxectivos=== Constitúen un dos elementos clave na análise dun texto. Pódese analizar: # Escaseza ou abundancia # Tipoloxía: ## Adxectivos especificativos (aqueles que expresan unha calidade secundaria do [[substantivo]] que serve para individualizalo) ## Adxectivos explicativos ou [[epíteto]]s (aqueles que expresan unha calidade primaria do substantivo con valor primordialmente estético. Entre os epítetos encontramos a seguinte tipoloxía: ### [[Epíteto laudificador]]: É aquel epíteto que expresa a calidade máis típica que posúe o substantivo ó que acompaña ### [[Epíteto laudativo]]: Acompaña a un substantivo intentando gabalo ou denigralo ó máximo ### [[Epíteto apositivo]]: Aparece sempre entre pausas gráficas e funciona case coma un substantivo ### [[Epíteto frase]]: Corresponde a oracións subordinadas de relativo que van acompañando a un substantivo. Procuran embelecer ### [[Epíteto visionario]]: Aparece este tipo cando a un substantivo o acompaña un adxectivo que non ten ningún tipo de relación co primeiro, é dicir, o adxectivo porta un significado incoherente con respecto ó substantivo. En moitas ocasións, os adxectivos adquiren o seu valor mediante construcións preposicionais, introducidas xeralmente pola preposición ''de''. ===Persoais=== Constitúen un elemento clave á hora de realizar un bo comentario, posto que debemos ter en mente se o texto aparece escrito en primeira persoa ou se polo contrario non aparece así. Cando un texto poético aparece escrito en primeira persoa, a expresión de sentimentos íntimos e o ton subxectivo resultan patentes. Se, pola contra, se emprega outra alternativa é probable que a subxectividade descenda e predomine, porén, o narrativo sobre o lírico. Nun texto debemos ter en conta a posibilidade de que aparezan diferentes valores dos pronomes, sendo os máis frecuentes: # Valor enfático: Aparece cando nunha oración se remarca o pronome a pesar de non ser necesaria a súa presenza posto que xa se sobreentende no contexto verbal ou no da composición. #Valor pleonástico: Consiste na utilización de dous pronomes coa mesma función sintáctica tratando tamén de reforzar. ===Verbos=== Deberemos ter en conta se son escasos ou abundantes posto que a súa escaseza favorece o estilo nominal e un ritmo máis lento, polo contrario a abundancia favorece o estilo verbal e un ritmo máis áxil ou dinámico. Deberemos tamén realizar análises das principais formas verbais, pois poden axudar a configura-la situación temporal do poema fixándonos especialmente se existen. # Presente de Indicativo: Serve para remarca-la realidade. Á hora de analiza-lo presente, poden aparecer unha serie de valores: # [[Presente histórico]]: Chámaselle presente dramático. Supón o emprego do presente con valor de pasado. # [[Presente prospectivo]]: Expresa unha acción futura. A orientación de futuridade vén indicada por un adverbio ou frase equivalente. # [[Presente habitual]]: Expresa accións habituais. # [[Presente intemporal]] ou permanente: refírese a realidades concibidas fóra do tempo, eternas ou de validez ilimitada. # Presente con valor imperativo. # Imperfecto de indicativo: Temporalmente se caracteriza por esvaecer un tempo. O valor máis habitual é o de imperfecto narrativo, que é utilizado polo poeta para contar acontecementos que non interesa que estean moi concretos a nivel temporal; este imperfecto aparece xeralmente como forma dominante nos romances e tamén nos contos infantís. # O perfecto: Afasta os acontecementos da área afectiva do lector, o que provoca en moitas ocasións reflexión profunda ante o que se le, pero distanciada. Tamén deberemos ter en conta se predominan os tempos do modo indicativo ou os do subxuntivo. En caso de predomina-los primeiros os feitos expostos estarán totalmente conectados coa realidade e se os segundos estarán conectados coa posibilidade, desexo, probabilidade, e polo tanto, máis afastados da realidade, pois o subxuntivo é o modo do subxectivo. ===Nexos=== Analizarémo-la posible presenza de: # [[Conxunción]]s coordinadas: Se abundan esaxeradamente favorecen a presenza dun estilo infantil, ou coloquial, vulgar. # Conxuncións subordinadas: Cando abundan estamos ante un estilo retórico, culto, rebuscado,... Valores: # Valor [[ilativo]] ([[Nexo]] ''e''): Cando a conxunción aparece ó inicio dun texto ou despois dun punto. # Valor [[ponderativo]] (Nexo ''e''): Cando vai entre signos de admiración: ''¡Vaites, e canto te quixen!'' # Valor enlazante (Nexo ''e''): Cando o nexo une dúas palabras iguais: ''Suspendía e suspendía''. # Valor intensificador (nexo disxuntivo): ''Ou vés ou quedas''. # Valor identificador (nexo disxuntivo): Cando mediante a conxunción ''ou'' se identifican dous elementos como idénticos. =='''Sintaxe do texto'''== Orde das palabras. Nun comentario debemos analizar tamén a sintaxe posto que se o texto aparece escrito en oracións simples a súa sintaxe é sinxela e a súa comprensión é máis doada. Pola contra, se no texto predominan as subordinadas, a súa sintaxe escurécese. Tamén convén atender á orde das palabras, pois o autor pode elixir diferentes tipos de orde: # Orde lóxica: Respecta a sintaxe normal do galego: Sux + Pred + O.D. + CC. # Orde Afectiva: É aquel que dispón os elementos segundo o interese con que os enuncie o autor. Salienta algún elemento. # Orde rítmica: Consiste en dispo-las palabras nos versos buscando repetir esquemas acentuais de versos anteriores. # [[Hipérbato]]: É a alteración por motivos artísticos da orde das palabras. ## Hipérbato suave: Sintaxe non moi trastocada ## Hipérbato violento: Cando a sintaxe é inintelixible. ==Plano do contido== ===Asunto ou argumento=== Consiste en realizar un pequeno resumo empregando as nosas propias palabras tratando de contar de forma breve o contido do texto. ===Tema=== É a idea base que aparece no texto, o tema debe ser expresado nun máximo de 10 palabras. Unha vez sinalado o tema debemos comentar dous aspectos relacionados con este: # Tratamento que lle dá o autor ó tema: Un tema aparentemente serio como por exemplo a morte pode ser tratado polo autor do texto de xeito cómico; pola contra, un tema aparentemente cómico pode ser tratado con seriedade. No comentario debemos analizar se o tratamento é: ## Lírico-amoroso ## Irónico-burlesco ## Cómico ## Filosófico # Inclusión do tema na historia da literatura e na obra do autor ==Apartados== Xeralmente, todo texto está estruturado nunha serie de apartados. A nosa misión é descubrilos e para o mesmo teremos en conta as seguintes opcións: # Analiza-lo contido do texto e descubrir que polo contido existen varias partes. # Diferencia-los apartados do poema polas estruturas sintácticas semellantes. ==Temas relacionados=⏎ ⏎ '''= *[[Poesía]]''' '''⏎ *[[Figuras estilísticas]]''' '''⏎ *[[Terminoloxía poética]]''' ordenada alfabeticamente [[Categoría:Crítica literaria]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=2437067.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|