Difference between revisions 3508472 and 3847612 on glwiki

[[Ficheiro:Reccared I Conversión, by Muñoz Degrain, Senate Palace, Madrid.jpg|miniatura|dereita|300px|A visión [[romanticismo|romanticista]] do [[reino visigodo]] foi un dos alicerces do [[nacionalismo español]] de finais do [[século XIX]]. ''Conversión de [[Recaredo]]''. Muñoz Degrain, [[1888]]. ''[[Senado de España|Palacio del Senado]]'', [[Madrid]].]]
Coa creación do Estado Liberal Español a comezos do [[século XIX]], comeza a se forxar na época de [[Isabel II de España|Isabel II]] un proceso político-ideolóxico dirixido a xustificar por medio dunha longuísima secuencia histórica a necesidade divina da creación política do [[España|Estado Español]]<ref name="carreira">{{cita libro| autor =LÓPEZ CARREIRA, A.| título =O reino medieval de Galicia| ano =2005| publicación =Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A.| id = ISBN 84-96403-54-8}}</ref> e a establecer un arquetipo historiográfico español de rigorosa aplicación en todos os períodos históricos, pautas políticas desenvolvidas polo [[nacionalismo español]] e estudadas por autores contemporáneos tales como J.S Pérez, Imman Fox<ref>Fox, 1997.</ref>, T. Elorriaga ou P.Cirujano <ref>Cirujano/Elorriaga/Pérez, 1985.</ref>.

(contracted; show full)p.1075.</ref>. A caida do réxime ditatorial non afectou ás sólidas bases ideolóxicas da chamada ''historia oficial'', servindo esta como base argumentativa ''tradicional'' dunha parte importante da historiografía contemporánea española igualmente nacionalista; ''aquellos españoles (...) subyugados por la morisma (...), conservaron la religión, el espiritu nacional, lustre para nuestra nación''<ref>Simonet, 1983, p.vii.</ref>.

==
  Notas  ==
{{Listaref|230em}}

==  Véxase tamén  ==
===  Outros artigos  ===
*  [[Reino de Galicia]].

[[Categoría:Historia de Galicia]]
[[Categoría:Reino de Galicia]]