Difference between revisions 3847612 and 3890798 on glwiki

[[Ficheiro:Reccared I Conversión, by Muñoz Degrain, Senate Palace, Madrid.jpg|miniatura|dereita|300px|A visión [[romanticismo|romanticista]] do [[reino visigodo]] foi un dos alicerces do [[nacionalismo español]] de finais do [[século XIX]]. ''Conversión de [[Recaredo]]''. Muñoz Degrain, [[1888]]. ''[[Senado de España|Palacio del Senado]]'', [[Madrid]].]]
(contracted; show full)

A ausencia dunha historia que respondera ás esixencias ideolóxico-historiográficas do novo Estado-nación ''España'', foi salvada polo ambicioso proxecto editorial de Modesto Lafuente, ''Historia General de España'', emprendido no ano [[1850]] e que aspiraba a ser a primeira historia ''nacional'' española, establecendo os alicerces nos que posteriormente se asentarían gran parte da historiografía española.
  

Axiña e coincidindo co inicio das hostilidades bélicas con [[Marrocos]] na metade do [[século XIX]], comezouse a colocar as pedras angulares da historiografía tradicional española; os [[visigodos]], a [[Reconquista]] e o suposto papel preponderante do [[reino de Castela]]. Con isto pretendíase dotar á ''nación'' española dunha aura divina, ''Si alguna porción del globo parece hecha para ser habitada por un pueblo reunido en cuerpo de nación, este país es la España''(contracted; show full)NÉNDEZ PIDAL, Ramón| título =La España del Cid| ano =1967| publicación =Espasa-Calpe| id = }} {{es}}.</ref>, ensalzando a figura do fidalgo castelán o [[Rodrigo Díaz de Vivar|Cid]] como ''héroe de la nación española''<ref name="Pidal"/>, e ''excelente cristiano, campeador de la fe y de la independencia nacional''<ref name="Pidal"/>, aínda cando o Estado-''nación'' español tardaría máis de 700 anos en formarse.
  

A consolidación desta ideoloxía historicista formada polo nacionalismo español chegaría ó seu maior grao co triunfo da ultradereita no ano [[1936]], establecéndose de xeito oficial durante a ditadura de [[Francisco Franco]] ([[1939]]-[[1975]]) e revestíndoa ideoloxicamente autores afíns á ditadura como o falaxista Pérez de Urbel<ref>Colaborador de ''Vértice (Revista Nacional de Falange Española Tradicionalista y de las JONS) durante a guerra civil española e inmediata posguerra.</ref>(contracted; show full){{Listaref|30em}}

== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Reino de Galicia]].

[[Categoría:Historia de Galicia]]
[[Categoría:Reino de Galicia]]