Difference between revisions 3781837 and 4159058 on glwiki

[[Ficheiro:Colegio_Mayor_San_Clemente.jpg|miniatura|250px|Fachada do Colexio Maior San Clemente.]]
O '''Colexio Maior San Clemente''' é un [[Colexio maior]] público, dependente da [[Universidade de Santiago de Compostela]] e situado na mesma cidade. 

== Orixes ==
A orixe deste Colexio maior remontase ó [[século XVI]], cando o bispo Xoán de San Clemente funda un Colexio co seu nome no que hoxe en día é o [[IES Rosalía de Castro]].

(contracted; show full)

== Actividades culturais ==
[[Ficheiro:Santiago aprox.1965 GDFL.jpg|miniatura|200px|O Colexio Maior San Clemente cara 1965.]]
A distinción que tradicionalmente ten existido entre Residencias Universitarias e Colexios Maiores é a ampla oferta cultural destes últimos. Ademais das actividades organizadas polas diferentes bolsas, existe a ''Asociación Cultural San Clemente'', formada por membros do Maior, que todos os a
ñnos, polo mes de marzo, organiza conferencias, visitas e entrega un premio ó "Personaxe Galego do Ano", galardón que nos últimos anos recibiron ilustres personaxes coma [[Avelino Pousa Antelo]], [[Ernesto Chao]] ou [[Marilar Aleixandre]].

Todos os anos, coa chegada da promoción de novatos ó Colexio, organízanse unha serie de "Novatadas" coa fin de integraren ós novatos, amosarlles a cidade e que se coñezan entre eles. Ditas novatadas son moi lixeiras e en ningún momento demasiado ofensivas cara os seus recibintes.

Froito da tradición Clementina, existen dúas semanas cheas de actividades, competicións, ceas e festas. Estas semanas son "A Semana da Árbore", en decembro e "Clementinas", en primavera.

== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.usc.es/gl/servizos/sur/residencias/clemente/ Colexio Maior San Clemente na web da USC]
* [http://www.usc.es Web da Universidade de Santiago de Compostela]
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Universidade de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Colexios maiores de Galicia]]