Difference between revisions 4159058 and 4159059 on glwiki[[Ficheiro:Colegio_Mayor_San_Clemente.jpg|miniatura|250px|Fachada do Colexio Maior San Clemente.]] O '''Colexio Maior San Clemente''' é un [[Colexio maior]] público, dependente da [[Universidade de Santiago de Compostela]] e situado na mesma cidade. == Orixes == A orixe deste Colexio maior remontase ó [[século XVI]], cando o bispo Xoán de San Clemente funda un Colexio co seu nome no que hoxe en día é o [[IES Rosalía de Castro]]. Durante a época da [[II República española|II República]], o daquela Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, [[Alejandro Rodríguez Cadarso]], encargoulle ó arquitecto [[Jenaro de la Fuente Álvarez|Jenaro de la Fuente]] un proxecto de cinco residencias de estudantes. Por motivos loxísticos, só se construíron tres das cinco planeadas: Os Colexios Maiores [[Colexio Maior Fonseca|Fonseca]] (1963), [[Colexio Maior Rodríguez Cadarso|Rodríguez Cadarso]] (1940) e o San Clemente (1942). == Organización == Este Maior conta con 41 habitacións dobres, 20 individuais, 5 dobres de invitados. Porén, o número de colexiais residentes é inferior ó de prazas dispoñibles debido a dificultades burocráticas. Ademais das habitacións, este centro conta con dúas bibliotecas, un salón de actos, unha sala de usos múltiples, unha cociña, unha sala de informática e unha sala de televisión. Na actualidade este Colexio Maior atópase baixo a xurisdición da Área de Residencias, dependente do [[Vicerreitorado de Comunidade Universitaria e Compromiso Social]]. Esta institución nomea ó equipo directivo, formado pola directora e a subdirectora, e encárgase de organizar as convocatorias de admisión e renovación do centro. Da representación dos colexiais fronte á dirección, así como da organización de actividades encárgase o ''Consello Colexia(contracted; show full)=== Ligazóns externas === * [http://www.usc.es/gl/servizos/sur/residencias/clemente/ Colexio Maior San Clemente na web da USC] * [http://www.usc.es Web da Universidade de Santiago de Compostela] {{Control de autoridades}} [[Categoría:Universidade de Santiago de Compostela]] [[Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela]] [[Categoría:Colexios maiores de Galicia]] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=4159059.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|