Difference between revisions 4205708 and 4803417 on glwiki

{{Sen referencias|data=maio de 2014}}
Os '''motores de excitación independente''' son aqueles que obteñen a alimentación do [[Rotor (eléctrico)|rotor]] e do [[estator]] de dúas fontes de tensión independentes. Así, o campo do estátor é constante ó non depender da carga do motor, e o [[par]] de forza é practicamente constante. As variación de velocidade ó aumentar a carga deberanse só á diminución da [[forza electromotriz]] por aumentar a caída de tensión no rotor.

As curvas características do motor a miúdo son dúas:
#A característica de velocidade nas que se representa como se modifica a velocidade de xiro en función da intensidade do inducido mentres mantense constante a intensidade de excitación.
#A característica de par, na que se representa a variación do par en función da intensidade do inducido mentres mantense constante a intensidade de excitación.

O motor de excitación independente é o máis axeitado para calquera tipo de regulación pola independencia entre o control polo indutor e o control polo inducido.

Os motores de excitación independente teñen como aplicacións industriais o torneado e taladrado de materiais, ventilación de fornos, retroceso de útiles para serrar...

== Véxase tamén ==
===Outros artigos===
* [[Motor de corrente continua]]
* [[Motor serie]]
* [[Motor shunt]]
* [[Motor compound]]

{{Seniw}}

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Motores eléctricos]]