Difference between revisions 5125549 and 5125553 on glwiki==A resiliencia (Psicoloxía)== ===1.Etimoloxía da palabra, resiliencia.=== A palabra resiliencia provén do termo resilio “volver atrás”. ⏎ ⏎ Dita palabra ten dous significados: ⏎ ⏎ O primeiro, termo adoptado pola psicoloxía, refírese á capacidade das persoas para superar situacións negativas. ⏎ ⏎ O segundo, utilizado en física ou en química, designa a capacidade do aceiro para recuperar a súa forma tras un golpe. ⏎ ⏎ ===2.Que é a resiliencia dentro da psicoloxía?=== A resiliencia como un termo utilizado no ámbito de psicoloxía refírese á capacidade que teñen as persoas para enfrontar e superar as adversidades da vida, así como para aprender delas evitando que inflúan dun xeito negativo. Esta considérase unha competencia especialmente relevante en persoas que viviron ou están a vivir algunha experiencia traumática na súa vida, tendo maior influencia se o feito traumático transcorre ou transcorreu na primeira infancia. Ademais a presenza ou falta desta competencia é notable na forma de pensar, sentir, percibir e manexar os sucesos negativos que vive unha persoa. ===3.A Resiliencia como terapia psicolóxica=== ====3.1.Obxectivos xerais do desenvolvemento dunha boa Resiliencia==== A formación nesta competencia ten un dobre obxectivo: a prevención e a corrección. A prevención, lógrase desenvolvendo o potencial necesario para superar con éxito futuras situacións de crise interna. Por outra banda, a corrección lograse xerando habilidades e recursos para fortalecer e superar experiencias físicas e psicolóxicas adversas, que xa pasaron. ====3.2.Bases da terapia==== A resiliencia é un factor necesario co que se traballa en calquera acción dirixida a unha persoa que sofre ou sufriu maltrato, xa que, a través desta desenvólvese un mecanismo que permite superar as adversidades sen problema. Nesta terapia o obxectivo especifico radicará en conseguir que a persoa desenvolva as seguintes características: *Ser unha persoa totalmente autónoma. *Ter unha boa educación emocional. *Desenvolver a capacidade de resolución de problemas. *Ter unha proxección de futuro positiva. *Ter sentido do humor. *Desenvolver unha competencia social sa e unha boa rede social. *Ter unha boa autoestima. Polo tanto se queremos fomentar que apareza o concepto de resiliencia e con el as características xa nomeadas, o traballo psicolóxico debe centrarse en diminuir as conductas de: *Illamento. *Medo. *Tristeza. *Agresividade. *Incapacidade para comunicar sentimentos. *Baixa autoestima. *Sobrevaloración do fracaso. *Vergoña. *Culpa. *Depresión. *Ansiedade. Por último se falamos dos métodos para traballar a diminución das conductas nomeadas, resaltamos as técnicas de modelaxe, xogos de relaxación, obradoiros de autoestima, respiración e técnicas de relaxación e verbalización das "poderosas auto-afirmacións". ===Bibliografía/ Webgrafía=== Resiliencia (psicología) <nowiki><ref>[es.wikipedia.org/wiki/Resiliencia_(psicolog%C3%ADa]</nowiki> LA EXPERIENCIA TRAUMÁTICA DESDE LA PSICOLOGÍA POSITIVA:RESILIENCIA Y CRECIMIENTO POSTRAUMÁTICO ‹ref›[https://www.redalyc.org/html/778/77827106] All content in the above text box is licensed under the Creative Commons Attribution-ShareAlike license Version 4 and was originally sourced from https://gl.wikipedia.org/w/index.php?diff=prev&oldid=5125553.
![]() ![]() This site is not affiliated with or endorsed in any way by the Wikimedia Foundation or any of its affiliates. In fact, we fucking despise them.
|