Difference between revisions 5219407 and 5569425 on glwiki

Un '''condensador multitubular''' é un tipo de [[condensador (termodinámica)|condensador]] que ten como obxectivo mellorar a transmisión de calor entre dous fluídos en movemento. Agrúpanse en paralelo no interior dun [[cilindro]] de grande [[diámetro]] todos os tubos destinados á circulación da auga. A condensación do fluído [[refrixerante]] faise no exterior destes tubos de auga, servindo a parte inferior como [[recipiente de líquido refrixerante]] condensado, sen que o líquid(contracted; show full)
*As tomas de entrada e saída  do fluído [[refrixerante]], situadas a cada extremo da calandra e en oposición unha da outra (4).
*Dúas tapas exteriores de [[fundición]] (5), ou ben formadas cada unha por unha brida de aceiro e un fondo embutido soldado na brida. Estas tapas incorporan os dispositivos cos pasos necesarios para a unión en paralelo dun número determinado de tubos co fin de que a velocidade de circulación da auga est
éea comprendida entre 1 e 2,5 m/s. Desta forma asegúrase un bo [[coeficiente de transmisión térmico]] global. Levan tamén incorporadas as tomas para a entrada (E) e a saída (S) da auga.
*Dúas xuntas de caucho (6) aseguran a estanquidade da auga entre as tapas e as placas tubulares.

==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* {{cita libro
|apelidos= Rapin
|nome= Pierre J.
|ligazónautor=
|título= Installations frigorifiques. 2, Technologie
|ano= 1996
|editor= [Paris] : Pyc édition, 1996 
|id= {{OCLC|37234395 }}
}}

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Refrixeración]]