Difference between revisions 5569425 and 5824754 on glwiki

Un '''condensador multitubular''' é un tipo de [[condensador (termodinámica)|condensador]] que ten como obxectivo mellorar a transmisión de calor entre dous fluídos en movemento. Agrúpanse en paralelo no interior dun [[cilindro]] de grande [[diámetro]] todos os tubos destinados á circulación da auga. A condensación do fluído [[refrixerante]] faise no exterior destes tubos de auga, servindo a parte inferior como [[recipiente de líquido refrixerante]] condensado, sen que o líquido acumulado interfira na [[condensación]] dos vapores sobre o feixe de tubos. Os tubos, están separados uns doutros unhas 1,5 veces o seu diámetro exterior e van dispostos seguindo unha armazón de [[Triángulo equilátero|triángulos equiláteros]]. O circuíto de auga dos condensadores con tubos rectos pode limparse con facilidade sen ter que intervir no circuíto de fluído [[refrixerante]]. Nos condensadores que utilizan como medio arrefriador a auga do mar (como no caso dos buques) os elementos que están en contacto deberán estar formados por unha [[aliaxe]] de cobre-níquel para evitar a corrosión.

==Características==
[[Ficheiro:Condensador_multitubular.gif|dereita|miniatura|220px|Partes cun condensador multitubular.]]
O condensador multitubular está formado polos seguintes elementos:

(contracted; show full)|ano= 1996
|editor= [Paris] : Pyc édition, 1996 
|id= {{OCLC|37234395 }}
}}

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Refrixeración]]